Biografía
Leandro Lamas é un pintor, ilustrador, actor e director teatral galego. A súa primeira exposición tivo lugar en Ferrol no ano 1998 e dende entón non parou de crear e deseñar con mirada propia nun estilo visual caracterizado polo emprego da cor e a representación da vida familiar e campesiña cun punto de humor tenro.
É un autor total, prolífico e polifacético que ten ilustrado de todo, carteis, libros, portadas de discos, murais, exposicións, mais tamén frecuenta o teatro, a música e a narración audiovisual.
