Aviso Legal
En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xuño, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), facilitámoslle información sobre o titular da presente páxina web:
Concello de San Sadurniño
CIF: P1507700A
Lugar O Casal, 16 - 15560 San Sadurniño (A Coruña)
1. Condicións xerais do uso da web
O presente sitio web ten como finalidade ofrecer información sobre Chanfaina Lab, así como difundir contidos relacionados co festival, a súa programación, as súas actividades, as pezas audiovisuais realizadas, os seus participantes e outras accións vinculadas ao proxecto. A visita e uso deste portal web implica a aceptación total e expresa das condicións expostas no presente aviso legal, polo que ao utilizar esta páxina web, vostede consinte quedar vinculado por estas condicións, pola nosa Política de Privacidade e Cookies, polo que se non está vostede de acordo con todas as condicións expostas no noso Aviso Legal, Política de Privacidade e Cookies, non debe usar esta páxina web.
O Concello de San Sadurniño resérvase o dereito de efectuar, sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir, engadir ou actualizar a información contida na súa Web ou na configuración e presentación desta. Recomendámoslle comprobar a vixencia e exactitude dos contidos do presente aviso legal, debido a que pode ser modificado, co fin de manter actualizada a información publicada no portal. A vixencia das condicións de uso irá en función dos cambios que vaian resultando necesarios na páxina web. Sempre se publicarán as modificacións oportunas.
2. Protección de datos
O Concello de San Sadurniño cumpre coas directrices da normativa vixente en materia de protección de datos: A Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento Xeral de Protección de Datos 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 e comprométese a garantir un correcto uso e tratamento de datos de carácter persoal dos usuarios.
Deberá acceder á Política de Privacidade do Concello de San Sadurniño no seguinte enlace: Política de privacidade | Chanfaina Lab, para obter información sobre o tratamento dos seus datos de carácter persoal.
3. Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos deste sitio web, os textos, imaxes, fotografías, vídeos, deseños, logotipos, identidade gráfica, estrutura, selección e disposición dos materiais, son propiedade do Concello de San Sadurniño ou ben utilízanse coa correspondente autorización ou lexitimación, e están protexidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual e industrial.
As obras audiovisuais, fichas técnicas, imaxes promocionais, materiais gráficos e demais contidos relacionados co festival Chanfaina Lab pertencen ás súas respectivas autorías ou titulares de dereitos, e publícanse neste sitio web con fins informativos, culturais, divulgativos e de promoción do festival, sempre no marco das autorizacións, cesións ou usos permitidos en cada caso.
Quedan expresamente prohibidas a reprodución, a comunicación pública e distribución de calquera contido desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización previa e expresa do Concello de San Sadurniño.
Sí se autoriza ao uso do contido da páxina web como uso persoal e privado. Calquera outro uso deberá ser comunicado e autorizado polo Concello de San Sadurniño previa e expresamente.
4. Responsabilidade
- O Concello de San Sadurniño non garante a inexistencia de erros no contido da web, nin que esta atópese actualizada, aínda que a súa intención será sempre a de evitalos, emendalos ou actualizalos.
- O Concello de San Sadurniño non se fai responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan causarlle ao sistema informático do usuario da páxina web, como consecuencia da presenza de virus ou do mal funcionamento do navegador.
5. Ligazóns
O Concello de San Sadurniño pode publicar ligazóns externas e alleas a esta páxina web por consideralos de interese. Ao ser ligazóns alleas, O Concello de San Sadurniño non se fai responsable do contido deses hipervínculos, nin garante a súa disponibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude e constitucionalidad de calquera material ou formación contida nos mesmos.
A inclusión destes hipervínculos non implica ningún tipo de asociación coas entidades propietarias dos mesmos.
6. Dereito de exclusión
O Concello de San Sadurniño poderá impedir o acceso á web a calquera usuario que incumpra as condicións reflectidas no presente aviso legal.
7. Lexislación aplicable e xurisdicción
- Lei de Servizos da Sociedade de Información e Comercio Electrónico (LSSICE).
- Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
- Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679.
- Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.