
O XI Chanfaina Lab xa está en marcha
O XI Chanfaina Lab xa está en marcha en San Sadurniño. A primeira xornada levou as persoas participantes por diferentes espazos do concello, desde o arboreto municipal e a horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos ata a escola da Seara, onde se inaugurou a exposición Fálame de Ferreira. As escolas da emigración e se tomou a foto de familia desta edición. A Eira de Cineastas e a proxección de Sirāt, de Oliver Laxe, completaron un primeiro día que deu paso a un sábado dedicado ás rodaxes por todo o territorio.