X Chanfaina Lab
2025
Na súa décima edición, Chanfaina Lab converteu San Sadurniño nun espazo de encontro, creación e convivencia arredor do cinema. Durante unha fin de semana, cineastas e novas voces do audiovisual galego filmaron 20 pezas inspiradas na memoria, a paisaxe e as historias do lugar.
Encontro: 5–7 de setembro de 2025 · Gala: 7 de marzo de 2026

Sobre esta edición
Durante a fin de semana do 5 ao 7 de setembro do 2025 revivimos a marabillosa experiencia emocional da Chanfaina Lab: un encontro de cineastas que pon en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores e creadoras audiovisuais de Galicia.
A idea é sinxela: as persoas participantes teñen que gravar na fin de semana unha película cunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual.
A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural e as súas xentes, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes máis pobres quedábanse na cociña das labregas, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.
Outro dos sinais de identidade da Chanfainalab é o de ser un "revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as cineastas segundo idade, xénero, formación ou experiencia para que o encontro sexa un tempo fecundo, unha celebración da tolerancia, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades.
Entre os creadores e creadoras que participan coa súa cámara, máis do 60 % son naturais ou veciñas de San Sadurniño: os mozos e mozas Anxo Pena, Iago Lourido, Bieito Beceiro, Pablo Martínez, Ángela Arnosa, Kevin Lorenzo e os colectivos “NaraíoMedia”, os veteranos veciños e veciñas de "A Rigueira" e “Teño unha horta”.
Completa a listaxe "local" un grupo de cineastas, que achegan a súa xenerosidade e talento a esta experiencia singular como Fran da Lobeira, Leandro Lamas, Roberto Grandal, Abel Vega e “The Sungirls” entre outros.
Entre as persoas cineastas foráneas, nesta edición participan novas promesas do audiovisual galego da Facultade de Belas Artes como Rocío Campoy e Gala Rodríguez. Profesionais de longa traxectoria como Carlos Amil, Milagros Bará, Quique Otero e Pablo Fontenla.
Cineastas de estilos narrativos propios como Area Erina, Brandán Cerviño, Irene Pin, Álvaro Núñez ou Gon Caride.
Todos eles e elas representan diferentes modos e xeitos de concibir a creación audiovisual dende ámbitos e prácticas artísticas diversas, engadindo matices e unha gran pluralidade ano tras ano ás 240 pezas producidas na nosa historia.
Álbum fotográfico da X Chanfaina Lab
Álbum fotográfico da Gala X Chanfaina Lab
Historia do cartel
Todos os carteis do Chanfaina Lab desde a 1ª edición inspíranse en motivos relacionados co patrimonio artístico ou natural de San Sadurniño. É un dos sinais da nosa identidade visual: reflectir na imaxe gráfica aspectos singulares do noso patrimonio material ou inmaterial no devir do tempo. O cartel desta edición, deseñado polo artista visual Leandro Lamas, inspírase no Pico de Ferreira, un dos fitos paisaxísticos e máxicos do concello de San Sadurniño dende a prehistoria.

Tradicionalmente o sartego do Pico utilizábase para curar as dores de ouvido entre outros beneficios para o corpo e a alma de quen alí acudía en romaría a finais de maio.

Este será o tema central do Chanfaina Lab na presente edición. Ademais o Pico de Ferreira sitúase ás beiras do macizo do Forgoselo, o enclave máis elevado do concello e un dos espazos relevantes das Terras do Cabo Ortegal, declarado oficialmente pola UNESCO como “Xeoparque mundial da UNESCO”. Pretendemos apoiar esta iniciativa en anos sucesivos para dinamizar e potenciar esta riqueza natural apostando por un aproveitamento sostible do territorio e un crecemento conxunto e harmónico de toda a comarca.
Galería
Cineastas convidados/as
21 cineastas

A Rigueira Club
A Coruña. San Sadurniño
Amil, Carlos
A Coruña
Arnosa, Ángela
San Sadurniño
Bará, Milagros
Pontevedra
Beceiro, Bieito
San Sadurniño
Campoy, Rocío
Vigo
Caride, Gon
Vigo
Cerviño, Brandán
Pontevedra
Erina, Area
Vigo
Fontenla, Pablo
Vigo
Lobeira, Fran da
Neda
Lorenzo, Kevin
Xixón (Asturias)
Lourido, Iago
San Sadurniño
NaraíoMedia
San Sadurniño
Pena, Anxo
San Sadurniño
Pin, Irene
Lugo
Piñón, Cruz
San Sadurniño
Rodríguez, Gala
Ourense
Teño Unha Horta
San Sadurniño
The Sungirls
San Sadurniño
Vega, Abel
San Sadurniño
Tamén nos acompañaron
4 persoas convidadas
Películas desta edición
20 películas


.006_-_Burela.jpg%3Fv%3D1788873218442&w=3840&q=75)
