Ir ao contido principal
Milagros Bará

Milagros Bará

1962Pontevedra

Creadora galega polifacética que combina escritura e audiovisual nun labor continuo de divulgación cultural e memoria.

Edicións como cineasta
X2025
Roles nas películas
Dirección

Biografía

Milagros Bará é unha escritora, columnista, guionista, produtora e directora de cine galego. Traballou como responsable de comunicación de varias empresas, e xestiona blogs culturais como o de Manuel Quiroga Losada, do que é sobriña-neta.

Promotora do Proxecto Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX e XX. Dende 2014 é cronista no Diario de Pontevedra da historia da cidade, publicando “Crónicas y perfiles de Pontevedra”. Catro tomos. Pontevedra 2015- 2021. Tamén realiza diferentes vídeos, promos, e booktrailers para museos, editoriais ou empresas.

Entre os filmes dirixidos e producidos podemos citar as curtametraxes “E dicímolo ou non decimos?” (1985), “Só para nenos” (1985), “María Soliña” (1987), “O resplandor da morte” (1991); Así mesmo dirixiu a TV movie “Autopsia” (2003) e participou como cámara, guionista ou realizadora en varias longas documentais “Manuel Quiroga” (2015), “Un día con José Barreiro en Cela” (2015), “Senso Sublime” (2017) e “Así se hizo, homenaxe a Juan Pardo Inimitables” (2017).

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película