Biografía
Irene Pin é directora e guionista. É creadora da serie “Lume”, unha coprodución galego-portuguesa de Setemedia e Coral que acaba de ver a luz en HBO Max, RTP e TVG. Este eco-thriller foi un dos nove seleccionados polo Consello de Europa para o seu novo Programa Piloto de Coproducións de Series.
Entre as súas curtametraxes destaca “Somos cárcere” (2021), cunha axuda ao talento de AGADIC. Tamén escribiu e dirixiu as series web “Amnesia 3.0” (2020), mellor piloto de ficción no Festival de Cine Español Emergente e mellor serie galega no Carballo Interplay; e “Rent-a-pal”, producida para Agalega.gal, mellor dirección no Carballo Interplay.
Este ano estrea “Non canto por cantare”, un documental seriado sobre a transmisión da música popular galega, con motivo das Letras Galegas. Paralelamente traballa no desenvolvemento de “Terás que saltar”, a súa opera prima, con Cósmica Producións.
