Ir ao contido principal

Alicia no país do esquecemento

Irene Pin

X Chanfaina Lab2025

Un retrato íntimo da memoria: Alicia escribe para que a música non se perda.

Duración
Localización
NaraíoSan Sadurniño

Sinopse

Na aldea do Pico, na parroquia de Naraío, vive Alicia. Entre a veciñanza, ten sona de cantar ben porque é unha das voces da misa. Pero Alicia fai moito máis ca iso. Aos seus 90 anos, decidiu anotar decenas de coplas tradicionais, por medo a esquecelas. Algunhas tenas plastificadas, mentres que outras están escritas á man. Vainas apuntando cando lle acordan. As melodías xa lle custa lembralas, a cabeza xa non é o que era.

Alicia no país do esquecemento reconstrúe, a través da súa historia e da paisaxe, unha melodía da desaparición, que reflexiona sobre a fraxilidade da memoria e a vontade de transmitila, de deixar un testamento inmaterial que alguén poida recoller.


Cociña da peza

A nivel persoal, interésame a música de tradición oral. Preparándome para o Chanfaina, busquei San Sadurniño do APOI (Arquivo do Patrimonio Oral Inmaterial) do Museo do Pobo Galego. Non atopei nada e chamoume a atención. Por iso decidín intentar atopar algún testemuño que lembrase se se cantaba facendo os labores, se se lembraban de festas de pandeireta... Pensando que sería moi complexo, e que seguramente teriamos que contar, dalgún xeito, o fracaso. Pero a sorte sorriunos e, preguntando por Naraío, axiña demos con Alicia. A través das súas lembranzas, retrátase un proceso de substitución cultural que ten que ver coas transformacións sociais, pero tamén coa colonización, polo que esa cultura popular quedou soterrada.

Equipo

Dirección

Reparto

Música

Iria Iglesias

Tamén participaron

Reparto: Basilio Dopico, Mariluz de Vicenta Produción: J. Marinho

Galería

Alicia de Casal