Ir ao contido principal
NaraíoMedia

NaraíoMedia

San Sadurniño

Colectivo creativo que constrúe, con complicidade e personalidade, o seu propio universo no audiovisual rural.

Edicións como cineasta
VI2019VII2022VIII2023IX2024X2025
Roles nas películas
Dirección

Biografía

NaraíoMedia é un colectivo creativo formado por Brais Varela (San Sadurniño, 1987), Antonio Fraga (San Sadurniño, 1989), Brianda García (Neda, 1992) e Ricardo Noval (Neda, 1987). Ningún deles garda relación ou se dedica profesionalmente ás artes audiovisuais, mais comparten esa afección dende hai uns anos.

Naraío foi ata agora a parroquia elixida para a gravación de todas as súas pezas. Debutaron con gran éxito na Chanfaina lab do 2019 con "O Roubo da Droja II", no 2022 consagráronse no trepidante thriller de terror rural "The porquer". Co seu thriller psicolóxico "Pedro Chosco" (2024) e o drama "A voz que cala" (2025), foron depurando un estilo narrativo propio que xera expectación e interese ano a ano.