Sinopse
The Porquer conta a historia de Martiño, un neno que dende pequeno vese obrigado a vivir unha serie de acontecementos que marcan a súa personalidade de por vida. Aínda que sempre conta coa protección da súa nai, Martiño ten unha infancia moi dura na que o seu avó mostra un claro desprezo e rexeitamento cara el, sendo incapaz de aceptar ó seu neto tal e como é. Un dos trazos máis peculiares do protagonista é o seu apego cos porcos, feito determinante na relación co seu avó, que é un cazador e cría estes animais. Pero Martiño non se sinte identificado con estas costumes e a súa forma de ser fai que sexa obxecto de burla por parte dos veciños. Tras moitos anos lidando con esta insufrible situación, Martiño chega ó seu límite e sente a necesidade de vingarse e berrarlle ó mundo quen é tal e como el se sinte. Chegou a hora de cambiar a situación, chegou The Porquer.The Porquer conta a historia de Martiño, un neno que dende pequeno vese obrigado a vivir unha serie de acontecementos que marcan a súa personalidade de por vida. Aínda que sempre conta coa protección da súa nai, Martiño ten unha infancia moi dura na que o seu avó mostra un claro desprezo e rexeitamento cara el, sendo incapaz de aceptar ó seu neto tal e como é. Un dos trazos máis peculiares do protagonista é o seu apego cos porcos, feito determinante na relación co seu avó, que é un cazador e cría estes animais. Pero Martiño non se sinte identificado con estas costumes e a súa forma de ser fai que sexa obxecto de burla por parte dos veciños. Tras moitos anos lidando con esta insufrible situación, Martiño chega ó seu límite e sente a necesidade de vingarse e berrarlle ó mundo quen é tal e como el se sinte. Chegou a hora de cambiar a situación, chegou The Porquer.
Cociña da peza
No Chanfainalab andabamos expectantes co que ía a sorprendernos nesta edición o mocerío de Naraío."The Porquer" nace fai anos como unha broma entre os compoñentes de NaraíoMedia, unha idea que nunca imaxinaron que puidera pasar diso, dunha leria de bar que se convertese nun produto elaborado. Pero tras darlle unha cantas voltas, foron capaces de crear unha historia ó redor dela e mirala dende outro punto de vista, converténdoa nun thriller: "Decidirmos apostar pola intriga e a posibilidade de espertar no espectador un sentimento de empatía co protagonista vendo as cousas dende a súa perspectiva, xa que a curta conta a súa historia dende que nace ata que é un adulto. Á súa vez, seguimos a retratar a Galicia rural e as súas costumes, algo que se pode considerar xa característico das súas pezas. O título ven inspirado pola obra mestra "The Joker" (Todd Phillips 2019), como referencia á maneira na que as situacións que atravesamos nas nosas vidas nos marcan e constrúen a nosa personalidade, tanto de forma positiva como negativa. Sen embargo, o final de "The Porquer" está aberto á imaxinación e suxeito á imaxe que este creara do protagonista ó longo da curta.
"The porquer" é un trepidante thriller de terror rural que engancha. Para empezar tomáronse a molestia de mellorar algunhas das carencias da curta anterior, nomeadamente no relacionado co son. Asistiron ao curso de gravación e posprodución sonora impartido por David Machado en setembro, no cal tomaron nota de numerosos consellos para poñer en práctica, como gravar por separado a imaxe e o son. Iso si, de xeito artesanal: cunha caña de pescar como pértega da gravadora e un móbil apoiado nun soporte caseiro: "Aínda que topamos certas dificultades na gravación dalgunhas escenas de exterior, en xeral o resultado foi mellor do que esperabamos. Sabemos que aínda somos principiantes, pero temos moitas arelas de mellorar, seguir aprendendo e pouco a pouco conseguir novos recursos que nos faciliten a gravación. E así é. Habilmente contada, cun ritmo áxil e ateigado de retranca, NaraíoMedia sácalle excelente partido aos recursos dispoñíbeis e os actores e actrices locais; en definitiva representa un gran chanzo na evolución do colectivo de Naraío.
Equipo
Galería
