
Brais Varela
1987San Sadurniño
Entre proxectos industriais, cinema, deporte e terra, Brais converte a técnica en creatividade e o equilibrio en forma de vida.
- Roles nas películas
- FotografíaSonMontaxeCámaraProduciónInterpretación
Biografía
Licenciado en Enxeñaría Industrial pola Universidade de León, este enxeñeiro de Naraío conta con experiencia en proxectos de ámbito nacional e internacional no sector industrial e enerxético. A súa traxectoria abarca dende a xestión e planificación de proxectos, mantementos preventivos e correctivos, así como a mellora de procesos e a explotación de diversas plantas industriais e activos de xeración eléctrica.
Xunto ao seu perfil técnico, nos últimos anos Brais cultivou unha faceta creativa ligada ao audiovisual que o levou a achegarse ao mundo da produción cinematográfica, primeiro como espectador e logo implicándose de forma activa na produción de proxectos audiovisuais a través do colectivo NaraíoMedia.
Máis alá do audiovisual, atopou no deporte e na agricultura ecolóxica outra das súas afeccións. Ámbalas dúas actividades cóntanse, xunto co cinema, entre as bases que lle permiten manter o equilibrio entre a súa vida profesional e persoal. Dende o ano 2025 forma parte do equipo de cociña do Chanfaina Lab.
Filmografía en Chanfaina Lab
9 películas