V Chanfaina Lab
2018
San Sadurniño convértese nunha gran fraga de historias: durante tres días, cámaras, memoria e territorio mestúranse nun revolto creativo onde cada ollada descobre un mundo novo
Encontro: 31–2 de agosto de 2018 · Gala: 9 de febreiro de 2019
Sobre esta edición
Durante a fin de semana do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 celébrase en San Sadurniño a 5ª edición da ChanfainaLab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do Concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. Os participantes teñen que gravar na fin de semana unha película dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.
Outro dos sinais de identidade da Chanfainalab é o de ser un" revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as participantes segundo idade, sexo, formación ou experiencia d@s cineastas para que o encontro teña un tempo fecundo, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara nesta edición figuran autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño como o veterano cineasta de Igrexafeita Abel Vega (Igrexafeita, 1958), o "adoptado" na Lobeira Fran Bermúdez (Ferrol, 1978), e un grupiño de mozos como Bieito Beceiro (Bardaos) , Irene Beceiro (Santa Mariña,2000), Sebastián Rodríguez(Lamas, 1998), ou Ángela Arnosa (Naraío,1996); os nenos de Sansa Pablo Martínez (Sansa,2004), Catalina Rodriguez (Lamas,2004) ou Iago Lourido (Naraío, 2004); as xa famosas labregas de "Teño unha horta en San Sadurniño": Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce e Carmen Bouza e as mozas de The Sungirls, Graciela Galdo, Mónica Cibreiro e Olga Vigo; tamén veñen novísimas cineastas ferroláns como Natalia Fernández (Ferrol,2000). Unha abondosa representación local da que nos sentimos moi orgullosos pois conforman o 60% dos participantes.
E por suposto, como nas anteriores edicións acuden relevantes cineastas ou interesados polo cinema galego procedentes de distintos puntos da xeografía do país: o músico e documentalista burelés Adrián Canoura, o director de Meira e gran revelación audiovisual do ano Andrés Goteira; desde Celanova ven o dinamizador e experimentado cineasta Aser Álvarez, o ensaísta, músico e cineasta de Oleiros Cibrán Tenreiro, a parella de cineastas experimentais formada pola compostelana Helena Girón e o canario Samuel M. Delgado, os novos directores de Cambre, Javier Seoane e Kevin Lorenzo, a directora viguesa Lucía Estevez, a profesora, ensaísta, documentalista e cineasta integral Margarita Ledo, a parella de artistas, músicos e cineastas das Rías Baixas Mar Catarina e Rubén Domínguez e dende Ourense o músico, director, documentalista e dinamizador Simone Saibene.
Este foi o programa oficial da V Chanfainalab:
Día 31, venres
10.00. Obradoiro “"Introdución ao son, a gravación e a interpretación do espazo sonoro local" na Casa de Cultura-Aula CeMIT, 15 prazas. Impartido por Carlos Suarez.
18.00. Recepción de cineastas participantes na Casa da Cultura
19.00h. Foto oficial
19.30–19.45h. Plantación dunha árbore na Cortiña
20.30.“Eira de cineastas”. Selección de pezas realizadas pol@s cineastas participantes.
22.30. Cea de benvida
Día 1, sábado
10.00. Encontro e gravacións cineastas
10.00 Obradoiro: "Iluminación de andar pola casa". Alberte Branco
14.30. Xantar da Chanfaina
20.30. Proxección: “Dhogs”, presentado polo director Andrés Goteira e o produtor Suso Lopez
22:30: Cea da Chanfaina
Día 2, domingo
10.00. Encontro e gravacións cineastas
15.00. Xantar da Chanfaina
Meses despois, o 9 de febreiro celébrouse a estrea mundial das pezas producidas na 5º Chanfainalab. Todas as curtas poden visualizarse nesta web
O evento foi organizado polo Concello de San Sadurniño. Colaboran as Asociacións veciñais de Santa Mariña do Monte, Adiante Igrexafeita, Xuntanza de Lamas , San Pipote de Bardaos, Pico de Ferreira e Aula Cemit. O encontro foi patrocinado pola Deputación de A Coruña e o Concello de San Sadurniño.

Historia do cartel
O cartaz está inspirado no óleo "O patriarca da fraga", pintado polo notable artista Leyra Domínguez en 1949. O cadro fai referencia ao gran carballo que existía na inmensa fraga do Marqués de San Sadurniño nas beiras do Xuvia e onde a Marquesa Natividad Quindós e os seus aristocráticos invitados facían as veces merendas e pic-nics nos seus paseos dende o Pazo a rentes do río Xuvia. Aquí podedes consultar a historia do cadro.

José Leyra Domínguez (1912-1997) foi un extraordinario pintor e escritor moi vencellado emocionalmente a San Sadurniño. Orfo de nai, José foi educado pola súa tía Isabel Domínguez, casada con Antonio Couce López -natural de San Sadurniño- que acadara certa fortuna na emigración cubana. O futuro pintor frecuentará o noso concello varias veces, nomeadamente arredor de 1937 onde pasou un ano completo. Mais Leyra Domínguez amará durante toda a súa vida as terras de San Sadurniño, ás que visitou en repetidas ocasións coa súa familia. Alí topará fontes de inspiración para os seus famosos "cañotos" e nas cores de todas as gamas cromáticas das beiras do Xuvia. Tamén pescudou na historia local. Mesmo deixou unha historia inédita de San Sadurniño que "Fálame" publicou na web. O lector interesado pode descargar aquí unha breve aproximación biográfica a súa vida e obra.
Leyra Domínguez escribiu iste pequeno texto sobre o cadro, "O patriarca da Fraga", un carballo milenario que "vivía" na Fraga da marquesa arredor de 1948:
"Patriarca viejo, cariátide sombría con más de un milenio a cuestas, lleno de modorra y silencio, se alzaba en medio de la Fraga de la Duquesa un venerable carballo, gigantesco, ciclópeo, verdadero Polifemo repleto de nudosidades, de sarpullidos, de cicatrices, con brazos robustos separados con gestos de dolor, "horca y pendón"; amarillentos líquenes cubrían su tronco como barba de viejo profeta. Fue talado sin piedad, sin el menor respeto a su ancianidad; era un testigo mudo de muy plurales aconteceres; a su pies quedose la hierba temblando como si tuviese frío.Lo pinté repetidas veces; dentro de su vejez estaba radiante, con su variada gama de colores en las horas próximas al acostarse el sol. Figuró en varias exposiciones pictóricas. En el catálogo figuraba con el respetuoso nombre de "O patriarca da Fraga". El coro "Toxos e Froles" de Ferrol es poseedor de una pequeña reproducción"
Galería
Cineastas convidados/as
24 cineastas

Abel Vega
San Sadurniño
Adrián Canoura
Burela
Andrés Goteira
Meira (Lugo)
Ángela Arnosa
San Sadurniño
Aser Álvarez
Celanova
Bieito Beceiro
San SadurniñoCatalina Rodríguez
San Sadurniño
Cibrán Tenreiro
Perillo, Oleiros
Fran da Lobeira
Ferrol
Gabriel Tizón
Ferrol
Helena Girón
Santiago de Compostela
Iago Lourido
Ferrol
Irene Beceiro
San Sadurniño
Javier Seoane
A Coruña
Lucía Estévez
Vigo
Mar Catarina
Vilagarcía
Margarita Ledo
Castro de Rei
Natalia Fernández
Neda
Pablo Martínez
San Sadurniño
Samuel Martín Delgado
Santa Cruz de Tenerife
Sebastián Rodríguez
San Sadurniño
Simone Saibene
Busto Arsizio (Italia)
Teño Unha Horta
San Sadurniño
The Sungirls
San Sadurniño
Películas desta edición
23 películas