Biografía
Mar Catarina (Vilagarcía, 1988) é unha artista visual, fotógrafa, música e realizadora. O seu contacto coa arte empezou a través da danza. Logo de estudar Comunicación Audiovisual na USC fixo un ano na Pompeu Fabra de Barcelona e aí puido afondar no coñecemento do cinema. Despois foise ata Lisboa, onde fixo un posgrao en "Fotografía, proxecto e arte Contemporánea", que a marcou profundamente en proxectos fotográficos como “O cuarto de Bernarda” (2010), “Segunda pel” (2011) e “Piña” (2011). Asemade desenvolve unha prolífica traxectoria no eido da música tanto como compoñente do grupo pop "Esposa" ou na realización de numerosos videoclips. No ano 2011, Mar e Rubén Domínguez (O Grove, 1987) crearon o laboratorio PRENOM: "concibímolo como un espazo para liberdade creativa e o traballo en común". Baixo o seu paraugas ambos realizaron algúns dos videoclips máis estimulantes da nosa música recente, traballando con grupos como "Ataque Escampe", “Novedades Carminha” “Pantis” ou "Chicharrón". No 2018-2019 Mar Catarina traballa como docente no IES audiovisual "Puerta Bonita" de Madrid.
Filmografía en Chanfaina Lab
2 películas
- Ano
- 2018
- Rol
- Dirección
