Ir ao contido principal
Andrés Goteira

Andrés Goteira

1983Meira (Lugo)

O universo creativo de Andrés Goteira naceu entre algoritmos, ruído e cinema experimental, ata abraiar co impacto de “Dhogs”, unha das obras máis singulares e revolucionarias do audiovisual galego recente.

Biografía

Andrés Goteira, graduouse como enxeñeiro técnico de telecomunicacións pola Universidade de Vigo e técnico de son na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Na súa etapa universitaria realizou varias curtas experimentais. “Foi unha boa maneira de escapar dos algoritmos das telecomunicacións”. Despois fundou Gaitafilmes con Suso López (Meira, 1984). A súa primeira longametraxe,"Dhogs", estreouse no Festival Internacional de Cine Independente de Buenos Aires (BAFICI) no 2017, competindo dentro da sección Vangarda e Xénero deste certame. Foi o primeiro filme rodado en galego que se estrea no festival de Sitges (2017). Gañou 13 das 17 candidaturas ás que optaba nos Premios Mestre Mateo 2017, converténdose no filme máis premiado da historia do audiovisual galego. Actualmente Suso e Andrés están a producir o documental "Welcome to ma maison" e seguen a actuar co seu grupo rock "Voladura".

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Nena:Dina
Ano
2018
Rol
Dirección