Biografía
Javier Seoane , comezou aos 13 anos a realizar pequenas curtas para festivais (Curtas na Rede, Teaserland, Youruvid..), ademais de gravar todo tipo de eventos, campamentos, actuacións musicais e graduacións escolares. Graduouse como Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos, mais non parou de asistir a numerosos cursos de formación no eido audiovisual, dende guión, iluminación, posprodución ou efectos dixitais. No 2012 foi mestre de Vídeo no colexio Liceo la Paz e pouco despois embarcouse na dirección, guión e montaxe de varias webseries como "Roces de Convivencia" ou -"Antolepsia" que foi seleccionada en varias edicións no festival de webseries Carballo Interplay e candidata aos Mestre Mateo en tres ocasións. Mais os miolos de Javier non acougan, desenvolvendo novos proxectos incesantemente. Actualmente anda embarcado nunha nova webserie co formato de falso documental, "Canto che quero".
