Sinopse
"Curmáns é una historia cómica e familiar narrada en formato falso documental na que todos os anos, tres curmáns van pasar unha fin de semana de verano na casa dos seus avós. "Curmáns" mostra unha viaxe e unha instancia. Unha convivencia na que cada persoa ten un interese na vida diferente; unha circunstancia e unha personalidade que fai que o noso día a día, poda vivirse dunha maneira mais surrealista que calquera filme espacial, e onde os plans non serven de nada cando factores externos posibilitan novas vivencias para abrir a nosa mente ó descoñecido, nun entorno adicado para soñar.
Cociña da peza
Tras a experiencia na anterior edición da Chanfainalab, Javier tivo as ideas claras e volveu a contar co seu amigo e actor fetiche Kevin Lorenzo quen repite papel como "Breixo". E de novo seguiu a pensar que a mellor opción para "cociñar" a súa peza era aproveitar os recursos que tiña á súa disposición: "Curmáns" nace a raíz das personalidades que os protagonistas teñen na realidade, pero levadas ao extremo. Converter tres amigos en curmáns, e testear nos diferentes roces de convivencia que puideran ter se viviran durante unha fin de semana nun entorno rural, cos seus “avós”, fixo que a historia se levara por un camiño case surrealista e caricaturesca, como se de un cómic de humor se tratase. Xogar con estes elementos, e nomeadamente de poñer nun extremo elementos con toques de drama, fai que a comedia fora o fío condutor clave para construír unha historia coral, onde cada personaxe ten un factor de relevancia no desenvolvemento dunha trama algo absurda pero real a súa maneira de ver".
"Curmáns" é unha peza de ritmo áxil e fresco que xoga eficazmente cos códigos da narración audiovisual para a rede. A pesares da súa xuventude, Javier é un director moi experimentado con moitas horas de rodaxe e montaxe: optimiza e xestiona intelixentemente os recursos locais que ten a súa disposición: localizacións, actores, veciños e veciñas moi coñecidos do concello ben aguilloados coa imaxinación do cineasta coruñés. ”Nesta peza, queríamos naturalizar e converter en real unha historia surrealista, e para iso, utilizamos un formato de falso documental para dar veracidade a uns feitos que son levados ao extremo do realismo. E onde a comedia e o dinamismo, estarán presentes ao longo dos 6 minutos que dura a curta. A clave para entender esta peza é deixarse levar e meterse na pel de cada un dos personaxes, mirando máis alá da barreira do real". Así pois, desta volta reláxense e gocen con esta curta resultona e divertida; estamos convencidos que toda a veciñanza de San Sadurniño vai rir a cachón con esta comedia ao mais puro estilo "Javi SeGa", na que ademais participan personaxes moi populares no Concello.
Galería
