Biografía
Abel Vega traballou arreo durante toda a vida como albanel, mais unha enfermidade laboral apartouno do seu oficio. Inquedo e activo, cunha curiosidade sen límite, foi durante varios anos o presidente da Asociación Veciñal “Adiante Igrexafeita”. Abel tamén é acordeonista ocasional, gran cociñeiro e experto en manualidades de todo tipo. Aos seus 60 anos e pico, segue a vivir unha segunda xuventude ao gravar vídeos con vocación didáctica, nos que "mira" coa cámara todo o que lle resulta familiar, en definitiva, todo canto o envolve.
É un cineasta afeccionado que está a videocartografar a súa parroquia, sorprendendo coas súas creacións audiovisuais e recibindo ao tempo numerosos eloxios dos cineastas asistentes ao Chanfaina lab. As súas pezas pódense ver en Fálame de San Sadurniño: “O muíño dos gaiteiros”, “Muíño de Solposto”, “A fonte do muíño queimado” e “Muíño do Porto”.
No Chanfaina lab realizou “A Pena dos tres pes” (2015), “Mañá cocemos” (2016), “Cando ruxe o formigueiro” (2017) “Unha casa de aldea” (2018), “A casa de barro e saliva” (2019), "Fíate e non corras" (2023), "A pena de Vicente" (2024) e “O parto da Parda” (2025). Imaxes e sons que perpetúan a memoria local tanto a nivel patrimonial como etnográfico.
Filmografía en Chanfaina Lab
1 película
- Ano
- 2025
- Rol
- Dirección
