IV Chanfaina Lab
2017
Sete parroquias, mil historias
Encontro: 1–3 de setembro de 2017 · Gala: 3 de febreiro de 2018

Sobre esta edición
Durante a fin de semana do 1 ao 3 de setembro do 2017 celébrase en San Sadurniño a 4ª edición do Chanfaina Lab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do Concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: os participantes teñen que gravar durante un fin de semana unha película dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas innovadoras de calquera artista visual.
Outro das sinais de identidade da Chanfaina é o de ser un" revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as participantes segundo idade, sexo, formación ou experiencia d@s cineastas para que o encontro oferte un tempo fecundo, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara nesta edición figuran autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño como, os axitadores socioculturais de Silvalonga Asociación ConcienciArte, o veterano de Igrexafeita Abel Vega, o "adoptado" na Lobeira Fran da Lobeira, os mozos de Bardaos Bieito Beceiro ou Sebastián Rodríguez de Lamas, o neno de Sansa Pablo Martínez; as xa famosas labregas de "Teño unha horta en San Sadurniño": Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce e Carmen Bouza e as mozas de The Sungirls; tamén veñen cineastas ferroláns como Lara e Noa Castro. E por suposto participan relevantes cineastas do cinema galego procedentes de distintos puntos da xeografía do país: o monfortino Alberte Lobelle, a política e gran afeccionada ao cinema Ana Pontón, o investigador e programador Ángel Rueda, a cineasta pontevedresa Anfos Fazáns, a cineasta de Mazaricos Carmen Rey, a profesora e documentalista Cristina de la Torre, a directora da Costa da Morte Olaia Sendón, o noso cineasta mais internacional Oliver Laxe. Neste ano contamos ademais coa presenza de Portugal da man do cineasta, programador e dinamizador Carlos Viana, quen ademais de crear a súa peza amosaranos unha antoloxía de curtas do cinema rural portugués..
Ademais do Encontro de Cineastas e as proxeccións de venres e o sábado, desenvólvesen tres obradoiros con entrada libre e gratuita
Venres 1: María Yáñez: "Folclore dixital: o uso cultural dos memes, os microvídeos e os gifs animados" e Juan Lesta: “Monta-móbil”
Domingo 3: Oliver Laxe “Cine rural. O cinema da soberana sumisión”
O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño. Colaboran as Asociacións veciñais de Santa Mariña do Monte, Adiante Igrexafeita, Xuntanza de Lamas , San Pipote de Bardaos, Pico de Ferreira e Aula Cemit. O encontro está patrocinado pola Deputación de A Coruña e o Concello de San Sadurniño.
Este será o programa oficial da IV Chanfainalab:
Día 1, venres
10.00. Obradoiro “Folclore dixital: o uso cultural dos memes, os microvídeos e os gifs animados” na Casa da Xuventude-Aula CeMIT, 15 prazas. Impartido por María Yáñez.
16.00. Chegada de cineastas
16.30. Obradoiro “Monta-móbil” na Casa da Xuventude, 15 prazas. Impartido por Juan Lesta
18.00. Recepción e visita guiada por San Sadurniño
20.00. “Eira de cineastas”. Selección de pezas realizadas pol@s cineastas participantes.
22.00. Cea de benvida
Día 2, sábado
10.00. Encontro e gravacións cineastas
14.30. Xantar da Chanfaina coa AAVV de Bardaos
20.00. “Cinema rural Portugués”. Selección de curtametraxes presentado por Carlos Viana
Día 3, domingo
10.00. Encontro e gravacións cineastas
14.30.. Xantar coa AAVV de Lamas
17.00: Masterclas “Cine rural. O cinema da soberana sumisión”. Casa de Cultura. Impartido por Oliver Laxe
Meses despois, o 3 de febreiro celébrase a estrea mundial das pezas producidas na Chanfainalab. Este é o programa oficial do evento con entrada libre e gratuita.
Historia do cartel

O cartel da IV edición está inspirado nun óleo pintado polo artista J. Carlos Vázquez baseándose en indicacións de Víctor Manuel Rico, (Vitucho) e fotografías antigas. O cadro fai referencia ao templete ou pérgola que os Marqueses de San Sadurniño tiñan nas beiras do Xuvia e onde a Marquesa Natividad Quindós e os seus aristocráticos invitados facían as veces merendas e pic-nics nos seus paseos dende o Pazo a rentes do río Xuvia. Aínda hai xente en San Sadurniño que merendaba alí a mediados da década de 1950. Estaba situado no que se coñece como o Pozo dos donceis, preto do lugar onde vive deusa Navia dende xullo de 2017.
Galería
Cineastas convidados/as
19 cineastas

Asociación ConcienciArte
San Sadurniño/Silvalonga
Beceiro, Bieito
San Sadurniño
Castro, Lara e Noa
A Coruña
Fazáns, Anxos
Pontevedra
Laxe, Oliver
París
Lobeira, Fran da
Neda
Lobelle, Alberto
Monforte de Lemos
Martínez, Pablo
San Sadurniño
Pontón, Ana
SarriaRey, Carmen
Muros
Rodríguez, Sebastián
San Sadurniño
Rueda, Ángel
León
Sendón, Olaia
Ourense
Teño Unha Horta
San Sadurniño
The Sungirls
San Sadurniño
Tizón, Gabriel
Ferrol
Torre, Cristina de la
A Rua de Valdeorras
Vega, Abel
San Sadurniño
Viana, Carlos
Esposende (Portugal)
Películas desta edición
20 películas