Ir ao contido principal
Cristina de la Torre.

Cristina de la Torre.

1977A Rua de Valdeorras

Desenvolve unha obra ligada á memoria, á comunicación e aos proxectos sociais e educativos, empregando o audiovisual como ferramenta de reflexión e compromiso cultural.

Biografía


Cristina de la Torre é licenciada en Historia, con Máster en Medios de Comunicación. Ten traballado en prensa escrita, radio e televisión como xornalista. Dende hai uns anos adícase á consultoría de comunicación e a produción audiovisual. No 2007 dirixiu o seu primeiro documental "Apartado 12", e no 2016 estreou "Santoalla", documental USA do que é produtora. Realiza contidos corporativos e numerosos proxectos audiovisuais en centros educativos por toda Galicia como por exemplo "A lus do Mundo". No 2014 comisariou a exposición "Unha insua para Díaz Castro" para a Deputación de Lugo e no 2017 coordinou o proxecto de memoria histórica na Coruña,"Pantasmas de Oza". Na súa web ou na canle "la mujer forzuda", pode consultarse a súa longa traxectoria creadora en proxectos sociais, culturais e educativos.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

SANSA
Ano
2017
Rol
Dirección