Biografía
Asociación ConcienciArte é unha Asociación cultural nada no 2013 en San Sadurniño. A sede está no local da antiga escola de Silvalonga. Os seus obxectivos son a divulgación e concienciación no entorno local de novas alternativas e xeitos de vida, apostando por un mundo que funcione doutro xeito: enerxías libres, alimentación conscente, saúde e plantas medicinais, a música e o creativo como instrumentos de sanación. Asemade, unha das súas actividades é a produción de filmes humorísticos, que difunden a través da súa canle ConcienciaTV. Nos seus vídeos tentan poñerlle retranca a todo, nomeadamente a algúns dos valores dominantes na sociedade contemporánea, actualizando, ao seu xeito, os ronseis do teatro popular galego que acadara sona no primeiro terzo do século XX.
