Sinopse
Érache un meigo mouro agachadiño entre as pedras do vello Pico con verduriñas na cesta. Érache un pobre tolo xerocultor por máis señas que subía cun trastorno que baixaba coa merenda
Cociña da peza
O punto de partida de “O meigo mouro do repetidor” foi a lenda do Pico Ferreira: "Nós somos afeccionados e en realidade pretendíamos facer unha película de terror, mais saíunos de humor. Na nosa Asociación realizamos moitas actividades; o denominador común en todas elas é facer sempre o que nos apetece, do mesmo xeito que no grupo de música (Labanda de Cletus) cantamos o que queremos contar. E nos videos que facemos pasa o mesmo, aínda que estamos comezando, non deixa de ser unha ferramenta máis para contar historias que tamén teñan que ver con outras cousas nas que creemos".
Así pois, este grupo de cineastas locais invítannos a pasar un rato divertido co seu humor retranqueiro e iconoclasta que de seguro engade un novo punto de vista sobre un dos lugares máis máxicos de San Sadurniño. A próxima vez que suban ata o Pico, busquen con insistencia ata topar ao filósofo solitario e estrafalario chamado o meigo mouro do repetidor; ademais dun tesouro agochado quizais consigan aclarar algúns misterios sen resolver da veciñanza de San Sadurniño.
Equipo
Dirección
Música
Música orixinal: Labanda de Cletus.