II Chanfaina Lab
2015
O rural galego atopou na Chanfaina un espello onde recoñecerse e reinventarse.
Encontro: 4 de setembro – 9 de maio de 2015 · Gala: 13 de febreiro de 2016
Sobre esta edición
Durante a fin de semana do 4 ao 6 de setembro do 2015 celebrouse en San Sadurniño a 2ª edición da Chanfaina’Lab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do Concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: os participantes teñen que gravar na fin de semán unha película dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.
Entre os creadores/as que participaron coa súa cámara figuran autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño como Roberto Bouza, Sabela Íñiguez, Abel Vega ,Fran Bermúdez, e Ary López; mais outr@s proceden de distintos puntos da xeografía galega: Alberte Branco, Antón Caeiro, Ana Domínguez, Eloi Enciso, Álvaro Gago, Mar García, Xiana do Teixeiro, Giselle Llanio, Miguel Mariño, Natalia Porca, Carlos A. Quirós, Susana Rei, Sandra Sánchez, Diana Toucedo, Gonzalo E. Veloso e Lucía Vilela.
O evento fora organizado polo Concello de San Sadurniño. Colaboraron as Asociacións veciñais de Santa Mariña do Monte, Adiante Igrexafeita, Xuntanza de Lamas , San Pipote de Bardaos, Pico de Ferreira e Aula Cemit. Gabriel Tizón tirou fotografías dos tres días de gravación.
Tamén realizáronse actividades paralelas abertas ao público interesado como a proxección de "Clásicos do cinema rural galego" e outra proxección de pezas d@s participantes baixo o título "Eira de cineastas". Asemade estreouse a promo do filme "Tiempo vertical" de Lois Patiño gravada en Ferreira en xuño do 2015.
O párroco de Naraío, José María Ladra desvelou o segredo das pinturas de Igrexafeita, nas que se basea o cartaz da Chanfaina'lab deste ano.
Ao fin, o 13 de febreiro do 2016 foi a estrea mundial das 21 pezas participantes na Casa de Cultura de San Sadurniño.
Historia do cartel
O cartel da 2º edición inspirouse nunhas marabillosas pinturas medievais de Igrexafeita que os expertos dataron nos séculos XV e XVI. A propia Igrexa parroquial de Igrexafeita probablemente edificouse sobre dun santuario precristián. Aínda fican restos do edificio altomedieval e románico. Como marcaba a tradición, durante o século XV a igrexa pintouse por enteiro con frescos alusivos á Asunción da Virxe que se ían renovando cada pouco. Mais cara finais do século XVI, as pinturas das igrexas cubríronse con cal porque críase que transmitían a peste. Os frescos de Igrexafeita agocháronse tras dun retablo barroco que ao parecer fora realizado polo artista local Juan Pardo de Lamas no 1755. Aí estivera ata que, no ano 2002, o párroco José María Ladra descubriu que detrás do retablo achábase un verdadeiro tesouro pois aínda estaban alí as pinturas medievais, datadas nos séculos XV e XVI. No ano 2007 realizouse a primeira restauración a cargo da investigadora local María Gavín. Podes acceder a máis información si visitas As pinturas de Igrexafeita
Galería
Cineastas convidados/as
21 cineastas

Abel Vega
San Sadurniño
Alberte Branco
Fene
Álvaro Gago
Vigo
Ana Domínguez
A Rua de Valdeorras
Antón Caeiro
Gondomar
Ary López
San Sadurniño
Asociación ConcienciArte
San Sadurniño/Silvalonga
Carlos A. Quirós
Ferrol
Diana Toucedo
Redondela
Fran da Lobeira
Ferrol
Gabriel Tizón
Ferrol
Giselle Llanio
Habana
Gonzalo E. Veloso
A Coruña
Lucía Vilela
Lugo
Mar García
Ferrol
Miguel Mariño
A CoruñaNatalia Porca
FerrolSabela Iñíguez;
San Sadurniño
Sandra Sánchez
Narón
Susana Rey
Pontevedra
Xiana do Teixeiro
Lugo
Películas desta edición
20 películas