Ir ao contido principal
Susana Rey

Susana Rey

1966Pontevedra

Constrúe unha obra multidisciplinar e comprometida que une creación audiovisual, arte e defensa da natureza.

Biografía

A cineasta pontevedresa Susana Rey é unha das voces mais persoais do audiovisual galego. Doutora en Belas Artes, artista plástica, directora artística, compositora e por suposto cineasta e activista comprometida coas causas que considera xustas, nomeadamente as que nos devolven á harmonía coa natureza. A súa prolífica traxectoria artística desenvólvese entre Galicia e Valencia onde reside habitualmente. Susana ten deixado a súa pegada en obras de referencia como "Cousas do Kulechov" ou no proxecto "Confrafilmes". Actualmente está a promover a difusión da longametraxe documental "Dúas flores para un cabaliño"

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Come go
Ano
2015
Rol
Dirección