Sinopse
Come go vai adicada a toda a xente que tivo que marchar lonxe, á que chegou para facer "pobo", e á que quedou e resistiu. Tomando como referencia o pobo de San Sadurniño, e sen idealizar a vida no campo, queremos por o foco no rural como alternativa posible ás, cada vez máis, sobresaturadas cidades
Cociña da peza
A inspiración orixinaria da súa peza para Chanfaina´Lab, foi a historia da visita da Raíña Victoria Eugenia a San Sadurniño en 1927: "De feito viña cun guión estruturado, que fun reelaborando a partires da información que procurei en "Fálame de San Sadurniño". Mais aos poucos de chegar á Chanfainalab funlle engadindo novas ideas e liñas de traballo. A peza fala da xente "que se queda" e da "que se vai" do rural e así os pobos fican sós. Propúxenme darlle voz aos que retornan cos seus pros e contras. E aínda que non parei de gravar nin un minuto durante os dous días, sorprendeume o longuísimo que se me fixo o fin de semana. Facía moito tempo que un par de días non me cundían tanto. Un dos mellores recordos que tiven foi a tardiña marabillosa que pasei coas Señoras de Naraío. Para elas compuxen especialmente "Ela ten jakeka", pandeirada de San Sadurniño que interpretan ao final da curta"..
Así pois, no filme "Come go" asistimos a unha reivindicación do rural como alternativa á vida da masificada vida urbana, na que home é "invisible", un número máis, unha simple estatística; pola contra o retorno ao mundo rural, enxerga aos seres humanos na paisaxe e na natureza e os converte en únicos. A pesares dos contras e das dificultades, a vida no rural é máis plena. Susana Rey fai progresar emocionalmente a narración dende unha perspectiva puramente documental ata a sorpresa final nos créditos, nos que asistimos á unha reivindicación gozosa e retranqueira da vida e o mundo rural polas voces das mulleres de Naraío. En definitiva, unha invitación ao optimismo e ao goce da vida no rural.
Equipo
Dirección
Reparto
Galería
