Biografía
Antón Caeiro é un cineasta experimentado e curtido en mil batallas pola memoria, con máis dunha ducia de multipremiados documentais. O tema recorrente en todos eles é a memoria social e os efectos do devalar do tempo sobre o relato histórico. Xunto coa activista civil Margarita Teijeiro xestionan e animan diariamente un cobizoso proxecto -irmán maior de "Fálame de San Sadurniño-, "O faiado na memoria", no que xa hai colgadas máis de 10.000 fotografías de Vilagarcía de Arousa e o seu entorno..
