Ir ao contido principal

O salón do canteiro

Antón Caeiro

II Chanfaina Lab2015

No Salón do Canteiro de Lamas, un espazo pequeno pero cheo de vida, o amor e a memoria mestúranse entre bailes, oficios e voces veciñais que aínda gardan o eco dun tempo ido

Duración
Localización
Lamas

Sinopse

Na procura de espazos onde "o amor" podía facer "contacto" , atopamos en Veiga de Lamas o Salón do Canteiro, un dos moitos lugares de baile que había en San Sadurniño nos duros momentos en que divertirse era un milagre.

Cociña da peza

Caeiro achegouse a San Sadurniño coa ollada posta na preparación do proxecto no que anda embarcado actualmente: “Eu tamén necesito amar”. Deseguida identificou un espazo de sociabilidade na parroquia de Lamas: o Salón do Canteiro, un local de referencia da mocidade durante o franquismo que foi baile, mais tamén albergou durante un tempo os oficios relixiosos da Igrexa parroquial. "Chamoume a atención que a pesares de ser un lugar moi pequeniño, mantiña un espazo onde os sentimentos e o amor podían desenvolverse, no que podían achegarse dous corpos, aínda que resultase algo cansado porque o home tentaba apretar, mais a muller separar".
Na peza, ateigada de toques retranqueiros e divertidos, asistimos a unha serie de testemuñas de veciños e veciñas que coñeceron ben o "Salón" nos seus tempos de esplendor e nos remite a un xeito de entender a vida que, para ben ou para mal, forma xa parte da historia social da comunidade e a memoria da veciñanza. De seguro que os parroquianos e parroquianas de Lamas non van quedar indiferentes con esta nostálxica lembranza audiovisual do seu pasado.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Produción
Ana Breixo

Reparto

Tamén participaron

Coordenación e entrevistas: Margarita Teijeiro Participan: Aurora Fernández, Amandino García, María González, Albino Piñón, Generosa Pita, Enriqueta Soto, María Yáñez e Josefa García

Galería

Edificio onde estaba o Salón do canteiro