
Pequenas historias que gardan a memoria dun pobo e nos axudan a comprender quen somos.

A historia non se escribe unicamente a partir de datas ou grandes acontecementos. Tamén se constrúe coas pequenas historias que nacen nunha comunidade: un campo de fútbol, unha persoa que impulsou o voleibol, unha empresa, unha explotación agraria, a historia dun muíño ou un espazo de lecer... Detrás de cada lugar, de cada iniciativa e de cada proxecto colectivo hai persoas que os fixeron posibles e que deixaron a súa pegada no territorio.
Son historias aparentemente pequenas, protagonizadas por xente común, mais imprescindibles para comprender quen somos e como chegamos ata aquí. Ao recuperar estas vivencias, reconstruímos a memoria compartida e descubrimos que o relato dunha comunidade se tece coa suma de moitas experiencias individuais. Porque a gran historia tamén se constrúe desde abaixo, a través das vidas, dos traballos, dos soños e das lembranzas que conforman a identidade dun lugar. Este ciclo reúne once pezas da Filmoteca do Chanfaina Lab que se achegan a esas pequenas historias de San Sadurniño. Relatos locais que, desde a súa singularidade, falan de cuestións universais: a identidade, o traballo, a convivencia, a solidariedade e o paso do tempo.
"Salón do canteiro" (Antón Caeiro, 2015). O antigo Salón do Canteiro foi un lugar de encontro e baile para a mocidade de Lamas durante o franquismo. A través das lembranzas da veciñanza, a peza recupera un espazo onde a música e o baile abrían camiño ao amor e á diversión. Un retrato cheo de retranca e nostalxia que rescata unha parte da memoria social da parroquia.
"Fabricando soños" (André Couce, 2019). Manolo Seco chegou a San Sadurniño como mestre e acabou converténdose nunha figura esencial na historia do voleibol local. A súa iniciativa e paixón fixeron posible que un pequeno concello siga a competir na elite deste deporte en España. Unha homenaxe a quen transformou unha afección nun sinal de identidade colectiva.
"Coop" (Isabel Rey , 2024). Nun mundo dominado polas grandes empresas e entidades financeiras, San Sadurniño conserva unha experiencia singular de cooperación e economía social. A peza achégase á historia das cooperativas locais e ao seu papel na defensa dos recursos do territorio. Unha mirada comprometida coa solidariedade, a sustentabilidade e a capacidade da comunidade para construír alternativas propias.
"Ao patadón" (Xurxo Chirro, 2014). Unha nena e un neno evocan o antigo campo de fútbol da Bidueda, inaugurado en 1946, mentres xogan ao patadón, unha maneira espontánea de practicar este deporte. A través do xogo e da memoria, a peza recupera un espazo que forma parte da historia da veciñanza. Unha lembranza sinxela e evocadora dos lugares que tamén constrúen comunidade.
“Historia do Cisne, o atún e a troita" (Teño unha horta, 2017). Cinco mulleres de San Sadurniño recuperan a historia da conserveira El Cisne, onde traballaron preto de duascentas mulleres entre 1986 e 1995. A través das lembranzas das traballadoras, a peza percorre a vida da fábrica, a importancia do emprego feminino e as circunstancias que levaron ao seu peche. Unha evocación do pasado que reivindica o papel das mulleres na transformación social e económica do concello.
"Unha pequena curta sobre Prospes" (Pablo Martínez, 2024). A través de vídeos, fotografías e documentos sonoros da granxa familiar, Pablo Martínez emprende unha viaxe íntima ás súas raíces. Un exercicio de memoria que reconstrúe a historia familiar e a súa relación coa terra. Ese vídeo-ensaio persoal rende homenaxe aos devanceiros e convida a recuperar aquelas historias que ás veces damos por sabidas.
Casa Torina (Ana Moreiras, 2019). Martín rexenta un pequeno ultramarinos-bar dos de toda a vida, a Casa Torina, nunha Galicia rural onde os espazos de encontro van desaparecendo. Entre a música, as redes sociais e as visitas ocasionais, transcorre unha vida marcada pola calma e a soidade. Unha peza entre a ficción e o documental que evoca, con humor e tenrura, a memoria dun mundo en transformación.
"A pena de Vicente" (Abel Vega, 2023). Unha viaxe ao Forgoselo achéganos á figura de Vicente Penabade, un home que escolleu vivir para sempre entre os seus penedos. A partir dunhas flores e das lembranzas da veciñanza, Abel Vega reconstrúe a súa pegada no territorio. Unha homenaxe emotiva que mantén vivo o legado dun home convertido xa en parte da paisaxe.
"Eu, a escola" (Fran da Lobeira, 2023). A escola de Santa Mariña do Monte toma a palabra para contar a súa propia historia, desde finais do século XIX ata finais do século XX. Cunha narración áxil, humor e retranca, percorre os distintos espazos que acolleron o ensino na parroquia. Unha viaxe pola memoria do ensino na parroquia que tamén revela episodios da historia de San Sadurniño.
"Muíño d´Abaixo" (Cristina Souto, 2023). A través de fotografías antigas e imaxes actuais, Cristina Souto regresa ao muíño familiar onde naceu o seu avó. A casa, hoxe deshabitada, garda entre as súas paredes as pegadas dunha vida que xa non está. Unha delicada peza sobre a memoria dos espazos, as raíces familiares e o poder evocador do cinema.
"A gatiñeira de San Sadurniño" (Fernando Cortizo, 2024). Un suceso truculento acontecido en San Sadurniño en 1904 convértese no punto de partida dunha historia entre a realidade e a lenda. A través da participación de 46 veciños e veciñas, Fernando Cortizo reconstrúe aquel episodio cun ton épico, humorístico e retranqueiro. Un singular falso documental que xoga coa memoria colectiva e coa maneira en que nacen as lendas populares.
O programa ten unha duración total de 90 minutos. Próximamente presentaremos unha segunda entrega dedicada aos grandes acontecementos e ás transformacións que marcaron a historia de San Sadurniño.
Películas do ciclo
11 películas

II Chanfaina Lab
O salón do canteiro
Antón Caeiro2015 · 15min 20sNo Salón do Canteiro de Lamas, un espazo pequeno pero cheo de vida, o amor e a memoria mestúranse entre bailes, oficios e voces veciñais que aínda gardan o eco dun tempo ido
VI Chanfaina Lab
Fabricando soños
André Couce2019 · 7min 34sCando o voleibol tamén fai historia, a homenaxe convértese nunha forma de xogar coa memoria dun pobo
IX Chanfaina Lab
Coop
Isabel Rey2024 · 6min 2sCooperativismo e comunidade como motor dunha sociedade máis xusta.
I Chanfaina Lab
Ao patadón
Xurxo Chirro2014 · 2min 13sRecupera a memoria colectiva a través da nostalxia do mítico campo de futbol, nacendo case por azar no espírito da Chanfaina e convertendo o recordo dos veciños nun exercicio cheo de proximidade e emoción compartida.
IV Chanfaina Lab
Historia do Cisne, o atún e a troita
Teño Unha Horta 2017 · 11minCatro mulleres, un móbil e unha memoria que se negou a afundir co peche do Cisne.
IX Chanfaina Lab
Unha pequena curta sobre Prospes
Pablo Martínez2024 · 6min 17sCinema íntimo para rescatar a memoria familiar
VI Chanfaina Lab
Casa Torina
Ana Moreiras2019 · 8min 33sCine lento para unha memoria que persiste
VIII Chanfaina Lab
A pena de Vicente
Abel Vega2023 · 5min 39sCando a memoria atopa quen a conte
VIII Chanfaina Lab
Eu, a escola
Fran da Lobeira2023 · 4min 21sCando a escola conta a súa propia historia
VIII Chanfaina Lab
Muiño d ́Abaixo
Cristina Souto2023 · 5min 27sCinema para escoitar o eco da memoria
IX Chanfaina Lab
A gatiñeira de San Sadurniño
Fernando Cortizo2024 · 7min 20sUn relato colectivo con retranca e memoria.

II Chanfaina Lab
O salón do canteiro
Antón Caeiro2015 · 15min 20sNo Salón do Canteiro de Lamas, un espazo pequeno pero cheo de vida, o amor e a memoria mestúranse entre bailes, oficios e voces veciñais que aínda gardan o eco dun tempo ido
VI Chanfaina Lab
Fabricando soños
André Couce2019 · 7min 34sCando o voleibol tamén fai historia, a homenaxe convértese nunha forma de xogar coa memoria dun pobo
IX Chanfaina Lab
Coop
Isabel Rey2024 · 6min 2sCooperativismo e comunidade como motor dunha sociedade máis xusta.
I Chanfaina Lab
Ao patadón
Xurxo Chirro2014 · 2min 13sRecupera a memoria colectiva a través da nostalxia do mítico campo de futbol, nacendo case por azar no espírito da Chanfaina e convertendo o recordo dos veciños nun exercicio cheo de proximidade e emoción compartida.
IV Chanfaina Lab
Historia do Cisne, o atún e a troita
Teño Unha Horta 2017 · 11minCatro mulleres, un móbil e unha memoria que se negou a afundir co peche do Cisne.
IX Chanfaina Lab
Unha pequena curta sobre Prospes
Pablo Martínez2024 · 6min 17sCinema íntimo para rescatar a memoria familiar
VI Chanfaina Lab
Casa Torina
Ana Moreiras2019 · 8min 33sCine lento para unha memoria que persiste
VIII Chanfaina Lab
A pena de Vicente
Abel Vega2023 · 5min 39sCando a memoria atopa quen a conte
VIII Chanfaina Lab
Eu, a escola
Fran da Lobeira2023 · 4min 21sCando a escola conta a súa propia historia
VIII Chanfaina Lab
Muiño d ́Abaixo
Cristina Souto2023 · 5min 27sCinema para escoitar o eco da memoria
IX Chanfaina Lab
A gatiñeira de San Sadurniño
Fernando Cortizo2024 · 7min 20sUn relato colectivo con retranca e memoria.