Sinopse
Nunha época na que as grandes multinacionais e os grandes bancos dominan o mundo, existe un pequeno territorio en Galicia que se resiste a este sistema
Cociña da peza
Os ollos avezados e socialmente comprometidos de Isabel percibiron deseguida a nula presencia de grandes marcas, tendas de alimentación ou entidades bancarias tradicionais en San Sadurniño : "Desde que cheguei á San Sadurniño asombroume ver que no camiño non había supermercados das grandes marcas e fascinoume a Historia das cooperativas da zona, como exemplo de banca solidaria e sostible en contraposición coa depredación do grandes entidades bancarias que dominan o planeta. Penso que son un gran exemplo a seguir e sentín dispor de pouco tempo para desenvolvelo. De feito teño en proxecto realizar unha longametraxe documental que faga xustiza á súa historia e ao estupendo traballo que están a facer".
"Coop" é un magnífico exemplo do poder de axitación e comunicación do cinema ao servizo da difusión de ideas a prol dunha sociedade máis igualitaria e sostible: "considero esta peza como un aperitivo sobre este tema porque penso convertela nunha longametraxe. Coido que a nivel técnico o meu traballo é mellorable, pero agardo que o contido e a mensaxe sexan suficientemente potentes para que a xente a goce e lle mereza a pena vela para coñercer mellor o funcionamento das cooperativas". Dende a Chanfainalab apreciamos o punto de vista que nos aporta esta artista compostelá por iluminar o quefacer da Cooperativa de Naraío e o supermercado de San Sadurniño -hoxe parte da cooperativa de Meirás- como unha singular experiencia que tenta poñer en valor os recursos do territorio, o seu labor social e a axuda mutua á veciñanza de consumidores e usuarios da súa banca, en definitiva como afirma o slogan do seu cartel: "Un mundo paralelo"
Equipo
Dirección
Equipo técnico
- Produción
- Fernando Cortizo
Galería
