Ir ao contido principal
Isabel Rey

Isabel Rey

1973Santiago de Compostela

Isabel Rey é produtora e creadora audiovisual, cunha traxectoria clave na animación e o documental, comprometida co cinema como ferramenta cultural e social.

Biografía

Isabel Rey  é pintora e restauradora. Dende o 2007 é, ademais, a produtora e alma mater de "Artefacto producións" xunto con Fernando Cortizo, empresa na que leva pilotado numerosos proxectos ate hoxe, nomeadamente no ámbito da animación, publicidade e documental. Con “O Apóstolo” conseguiu producir a primeira longametraxe de animación stop-motion estereoscópica rodada en Europa, sendo nomeada aos Goya, a preselección aos Óscar e xa na casa, seis premios Mestre Mateo, incluídos mellor director e mellor película. Tamén é unha persoa activista e comprometida co cinema como medio de transformación social, como acredita a longametraxe documental sobre a sanidade pública "DEP Destruír é o Plan". A súa última produción foi a longametraxe “Buscando á Santa Compaña”, estreada en xullo de 2024 no Festival Internacional de cine fantástico de Valladolid e seleccionada en varias mostras e festivais. Actualmente atópase producindo a que será a súa segunda película de animación “Shkid” de produción mexicana e o documental "Vedem", arredor da historia dos nenos no campo de concentración de Terezin (en fase de montaxe).

Filmografía en Chanfaina Lab

2 películas

Coop
Ano
2024
Rol
Dirección
A gatiñeira de San Sadurniño
Ano
2024
Rol
Produción