IX Chanfaina Lab
2024
Nove edicións despois, a Chanfaina segue a facer maxia co territorio
Encontro: 6–8 de setembro de 2024 · Gala: 15 de febreiro de 2025
Sobre esta edición
Durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2024 reviviremos de novo a marabillosa experiencia emocional da ChanfainaLab: un encontro de cineastas que pon en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as: As persoas participantes teñen que gravar na fin de semana unha película coa duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural e as súas xentes, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
A iniciativa acadou o premio o XI premio José Sellier (2022) outorgado pola Academia Galega do Audiovisual por “fomentar a liberdade creativa e favorecer a convivencia, unindo a cineastas de calquera idade, xénero, procedencia ou traxectoria para compartir experiencias arredor da obra cinematográfica. Unha proposta que reivindica a súa alma rural e o seu espírito comunitario, sendo quen de implicar a veciñas e veciños e de inspirar as vocacións de novas xeracións de cineastas.”
Outro dos sinais de identidade da Chanfainalab é o de ser un "revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as cineastas segundo idade, xénero, formación ou experiencia para que o encontro sexa un tempo fecundo, unha celebración da tolerancia, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara, máis do 60 % son autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño: os mozos Anxo Pena, Iago Lourido, Bieito Beceiro, Pablo Martínez, Ángela Arnosa, Kevin Lorenzo e os colectivos “NaraíoMedia”, os veteranos veciños e veciñas de "A Rigueira" e “Teño unha horta”. Completa a listaxe "local" un grupo de cineastas, que todos os anos achegan a súa xenerosidade e talento a esta experiencia singular como Fran da Lobeira, Abel Vega, “The sun Girls”.
Entre as persoas cineastas foráneas participan novas promesas do audiovisual galego da Facultade de Belas Artes como Álvaro Trigo, María Martelo, Eva Lareo, Héctor Pousa e Irene Ávila. Profesionais de longa traxectoria como Xosé Bocixa, Cora Peña, Fernando Cortizo e Isabel Rey. Cineastas de estilos narrativos propios como Carlos Martinez-Peñalver, Andrea Zapara-Girau, Fon Cortizo e Manuel Recouso.
Todos eles e elas representan diferentes modos e xeitos de concibir a creación audiovisual dende ámbitos e prácticas artísticas diversas, engadindo matices e unha gran pluralidade a cada edición. As persoas interesadas poden descargar en Documentos o catálogo para consultar información biográfica de cada participante..
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Previamente desenvolvéronse os obradoiros
21-23 agosto: "Interpretación". Kevin Lorenzo
28-30 agosto:"Sobrevivir a unha filmación". Domingo Díaz.
9-16 novembro: "Despois da rodaxe, tesoira". Juan Lesta
VENRES 6 SETEMBRO
11:00h. a 12:00h. RECEPCIÓN DE CINEASTAS. Casa da Cultura.
12:30h. BENVIDA DO ALCALDE. Casa do Concello de San Sadurniño.
13:00h. AMADRIÑAMENTO ÁRBORE CONMEMORATIVA IX CHANFAINA LAB. Finca A Cortiña.
14:30h. XANTAR. Mesón A Granxa.
16:00h. SAÍDA AUTOBÚS para traslado de cineastas a Naraío. Mesón A Granxa.
16:30h. VISITA GUIADA E FOTO OFICIAL. Visita guiada ao Castelo de Naraío, polo arqueólogo Eloi Saavedra.
20:00h.PROXECCIÓN “EIRA DE CINEASTAS”
Proxección conxunta dunha peza de cada participante e primeiro encontro da fin de semana. Cun Aurresku interpretado por Mateo Couce (“YOUNG MEN”) na Casa da Cultura
22:30h. Encontro de cineastas e pinchos de benvida. Mesón A Granxa.
SÁBADO 7 SETEMBRO
10:00h. Encontro e gravacións de cineastas.
14:30h. XANTAR. Mesón A Granxa. San Sadurniño.
20:00h. PROXECCIÓN CLÁSICOS DO CHANFAINA LAB “O Castelo de Naraío”. Casa da Cultura. (Entrada libre): .7+1 (2024) de Soraya Yáñez, MADEIRA DE PIÑEIRO E NOVA ZELANDA NON QUEDABA TAN LONXE (2015) de Brais Breijo, ELECTRA (2018) de Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos e Cruz Piñón, SIBILA (2017) de Carla Andrade, O SEIXO SENTIDO (2024) de Noa Cortizas e Suevia Fernández, VELOS NA TEBRA (2024) de Iago Lourido, CON OLLOS DE XIGANTES (2019) de Ana Martínez, NON TEÑO DONO (2019) de The Sungirls.
22:00h. Encontro de cineastas e pinchos. Mesón A Granxa..
DOMINGO 8 SETEMBRO
10.00h. Encontro e gravacións de cineastas.
15:00h. XANTAR despedida do IX Chanfaina Lab. Mesón A Granxa.
20:00: ESPECTÁCULO DE TEATRO “SESIÓN CONTINUA”. Homenaxe ao mundo do celuloide Espectáculo de Irmáns da Costa dirixido por Lino Braxe. Compañía Bucanero. Un paseo por películas como: 2001 Unha odisea no espazo, O Resplandor, Pulp Fiction, Febre do sábado noite, Instinto Básico ou Psicose entre outras. Un espectáculo de humor onde o deseño lumínico e o traballo actoral son os pilares dunha aposta novidosa e singular.
DO 6 AO 30 DE SETEMBRO
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA sobre as anteriores edicións do Chanfaina lab. A mostra pode visitarse no recibidor da Casa da Cultura durante o horario de apertura do centro e da Biblioteca Municipal
O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño e a Aula Cemit. O encontro está patrocinado pola Deputación de A Coruña, o Concello de San Sadurniño
Podes acceder a toda a información descargando o catálogo completo de actividades e biografías d@s cineastas participantes ou a través das nosas redes sociais:
Historia do cartel
Como en todas as Chanfaina Labs desde a 1º edición no 2014, os carteis inspíranse en motivos relacionados co patrimonio artístico ou natural de San Sadurniño. O cartel deste ano -deseñado polo artista gráfico Juanlu Nacha- tomou como referencia o Castelo de Naraío e á súa relevancia como enclave histórico fundamental para entender a revolución Irmandiña do século XV. Si queres dispor de máis información sobre a historia do castelo, preme aquí. Un monumento que, ademais, está situado aos pés do macizo do Forgoselo, que fai de fronteira sur do Xeoparque do Cabo Ortegal, outro dos recursos que o Chanfainalab pretende promocionar.
Galería
Cineastas convidados/as
27 cineastas

A Rigueira Club
A Coruña
Abel Vega
San Sadurniño
Álvaro Trigo
Vigo
Andrea Zapata-Girau
Vigo
Ángela Arnosa
San Sadurniño
Anxo Pena
San Sadurniño
Bieito Beceiro
San Sadurniño
Carlos Martínez-Peñalver
Vigo
Cora Peña
Vigo
Cruz Piñón
San Sadurniño
Eva Lareo
Vigo
Fernando Cortizo
Santiago de Compostela
Fon Cortizo
Vigo
Fran da Lobeira
Ferrol
Héctor Pousa
Aldán, Cangas do Morrazo
Iago Lourido
Ferrol
Irene Ávila
Ferrol
Isabel Rey
Santiago de Compostela
Kevin Lorenzo
Xixón
Manuel Recouso
Padrón
María Martelo
Ordes
NaraíoMedia
San Sadurniño
Pablo Martínez
San Sadurniño
Suevia Fernández
Ferrol
Teño Unha Horta
San Sadurniño
The Sungirls
San Sadurniño
Xosé Bocixa
As Encrobas
Películas desta edición
24 películas