Ir ao contido principal
Carlos Martínez-Peñalver

Carlos Martínez-Peñalver

1991Vigo

Carlos Martínez-Peñalver traballa entre a dirección e a montaxe, cunha carreira de curtametraxes premiadas e unha primeira longametraxe que confirma o seu paso firme polo cinema contemporáneo

Biografía

Carlos Martínez-Peñalver é director, montador e cofundador da produtora Omen. Gradúase en Comunicación Audiovisual a medio camiño entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Universitat Pompeu Fabra. Completa a súa formación no Máster de Montaxe da ESCAC e o Máster de Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo da Universidade Pompeu Fabra, que rematou cun tesiña sobre a emoción cinematográfica na corte de montaxe. Como director realizou as curtametraxes "Nocturna" (2015), "Xuventude Gruyère" (2016), "Despois da Bandeira" (2017) e "Como desaparecer" (2018), seleccionados e galardoados en diferentes festivais internacionais. En 2023 estreou a súa primeira longametraxe "À procura da estrela", premiada no festival Entrevues de Belfort e que recorreu festivais coma Xixón (FICX) ou o Porto/Post/Doc. Traballou no equipo de montaxe para cineastas como Oliver Laxe, Carla Andrade ou Andrés Sanjurjo.

Filmografía en Chanfaina Lab

1 película

Maldito espírito
Ano
2024
Rol
Dirección