
Irene Ávila
2002Ferrol
Irene Ávila Carreira concibe a creación artística como un espazo de exploración constante, onde instalación, fotografía, vídeo e debuxo se converten en ferramentas para pensar a comunicación, o cotián e as relacións humanas
- Edicións como cineasta
- IX2024
- Roles nas películas
- ScriptInterpretaciónDirección
Biografía
Irene Ávila Carreira acaba de graduarse en Belas Artes (Pontevedra) e defínese a si mesma como unha persoa incapaz de quedarse quieta e cunha insaciable sede de coñecemento, xa que, da eterna dúbida xurde a súa inspiración. Interésanlle conceptos como a comunicación (persoas e linguaxe), a natureza (non unicamente verde), o cotián e a importancia das relacións humanas. Calquera actividade artística, como a instalación, o debuxo, a fotografía ou o vídeo son para ela un reto e motivo de experimentación; por iso mesmo pensa que a Chanfainalab, pode ser a oportunidade perfecta para afondar nas linguaxes audiovisuais. Anteriormente realizou un obradoiro de collage co colectivo nacional Iñicas (Galicia, Murcia e Valencia) en Reclamo Studio, (Pontevedra) e tamén deseñou o merchandising do grupo Virginia Red. O seu proxecto máis recente foi "Tecer/Conversar" co que participou na exposición "Do Final e Do Comezo", onde traballou no campo da escultura e a instalación. Tamen coordenou o obradoiro “Garrapateri@s” dentro do propio programa da exposición. Dende o ano 2025 forma parte do equipo de cociña do Chanfaina Lab.
Filmografía en Chanfaina Lab
4 películas