Ir ao contido principal

O refuxio

Fran da Lobeira

X Chanfaina Lab2025

Un encontro nunha taberna destapa un segredo tan absurdo como inquietante.

Duración

Sinopse

Dous radioafecionados de San Sadurniño, Ramiro "Loibas" e Xosé Ramón "Pielas", quedan nunha taberna para se coñecer e intercambiar información importante sobre un descubrimento moi tolo que ven de facer Loibas. Que misterios agochará O Refuxio?

Cociña da peza

Hai uns anos, trala gala de estrea das pezas, Francisco X Cela que ese ano asistira como chanfaineiro, chamoume e dixo: "Débolle unha comedia a Manolo". Mandoume unha idea de non máis dunha cara de folio e comezamos a desenvolvela. Comezamos a documentar a peza con historias conspiranoicas, algunhas reais e outras completamente inventadas, e 5 versións de guión máis tarde, comezamos a preparar todo o atrezzo que necesitaba a peza, creamos planos dun suposto refuxio, documentos ficticios e mesmo unha revista conspiranoica con 12 páxinas chea de historias tolísimas que non saen en pantalla, e tamén comezamos a "fichar" persoal para elenco e o equipo de rodaxe, mesmo chegamos a lle propoñer á boa xente de NaraíoMedia facer unha coprodución, máis non puideron. Pasámolo xenial durante a mesma e coido que se nota no resultado final.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Guión, Son, Edición
Fran da Lobeira
Fotografía, Cámara
Iago Lourido
Axudante dirección
Lara Veiga
Axudante dirección
Lucía da Lobeira

Reparto

Música

Orquesta Galilea - Pídechas o corpo

Galería

Fotograma O refuxio