O Chanfaina Itinerante comeza o seu percorrido en Santa Mariña do Monte cunha tarde para compartir o audiovisual. A xornada incluirá contos e merenda comunitaria ás 19:00 e, a partir das 20:30 horas, a proxección de 11 curtas relacionadas coa parroquia, cunha duración aproximada de 90 minutos.
Santa Mariña será a primeira parada do Chanfaina Itinerante
A primeira parada do Chanfaina Itinerante será en Santa Mariña, onde a veciñanza poderá gozar dunha tarde de contos, merenda e cinema. A actividade, organizada en colaboración coa Asociación Cultural Recreativa e Deportiva "Santa Mariña do Monte", terá lugar o domingo 2 de agosto no local social.
A xornada comezará ás 19:00 horas cunha sesión de contos e unha merenda comunitaria e gratuíta. Xa ás 20:30 horas chegará a quenda do audiovisual, cunha selección de 11 curtas realizadas ao longo de distintas edicións do Chanfaina Lab e relacionadas con Santa Mariña, que sumarán aproximadamente 90 minutos de proxección.
Será unha oportunidade para volver descubrir, a través da mirada das cámaras, historias, lugares e persoas vinculadas á parroquia, recuperando pezas que forman parte do arquivo audiovisual construído ao longo dos anos polo encontro de cineastas.
A asociación veciñal anima a toda a veciñanza a participar nesta tarde de encontro e, para facilitar a organización da merenda comunitaria por cortesía da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva "Santa Mariña do Monte", recomenda anotarse previamente contactando con calquera membro da directiva.
Con este encontro dará comezo o Chanfaina Itinerante, un ciclo de proxeccións organizado xunto ás asociacións veciñais das parroquias. Ao longo das próximas semanas, a iniciativa percorrerá diferentes puntos do municipio para recuperar pezas gravadas nos propios lugares ou protagonizadas pola súa xente.
Películas do ciclo
11 películas

II Chanfaina Lab
Matías
Sandra Sánchez2015 · 10min 29sUn filme delicado e lírico sobre a infancia, os paraísos perdidos e ese instante no que os soños comezan a desaparecer.
VIII Chanfaina Lab
Na procura da nosa deusa Nabia
Ignacio Vilar2023 · 4min 52sUnha viaxe mística na procura da natureza sagrada
VII Chanfaina Lab
Un extraterrestre en San Sadurniño
Dani Viqueira2022 · 12min 11sA exploración como método, o azar como guión
V Chanfaina Lab
Dereito a sermos vellas
Irene Beceiro2018 · 4min 30sCando a veciñanza se fai cinema, a memoria fala en feminino.
IX Chanfaina Lab
Danza propia
Andrea Zapata-Girau2024 · 12min 41sA memoria vive na pel.
IX Chanfaina Lab
A gatiñeira de San Sadurniño
Fernando Cortizo2024 · 7min 20sUn relato colectivo con retranca e memoria.
III Chanfaina Lab
Pois iso, que te quero
Beatriz del Monte2016 · 11min 38sBeatriz converte os silencios dunha familia nunha emoción compartida que atravesa xeracións.
VIII Chanfaina Lab
Vellamorta
Juan Galiñanes2023 · 3min 35sUnha reflexión gamberra sobre o paso do tempo e o estar aquí
X Chanfaina Lab
O refuxio
Fran da Lobeira2025 · 6min 53sUn encontro nunha taberna destapa un segredo tan absurdo como inquietante.
V Chanfaina Lab
Non teño dono
The Sungirls2018 · 4min 28sChanfainalab convértese en coro de mulleres libres que cantan que non teñen dono.
VIII Chanfaina Lab
7+1
Soraya Yáñez2023 · 3min 18sSete parroquias para contar unha vida