Sinopse
Tres, catro, cincuenta, cen mulleres cantando a unha NON TEÑO DONO. Simbolizando o empoderamento das mulleres en xeral, que somos libres, fortes e que non necesitamos a ninguén que mande en nós
Cociña da peza
Nesta edición as mozas de "The sungirls" apostaron por realizar unha peza máis complexa que requiriu da colaboración de preto de cen mulleres do concello, unha celebración do empoderamento da muller que se gravou en numerosas localizacións de San Sadurniño: "As Sungirls levábamos tempo barallando a idea de cantar algunha canción nun vídeo. A canción de Alaska pareceunos axeitada porque gustábanos moito a idea que transmite a canción "A quén lle importa", e, ademáis nós somos tres mulleres que non temos ningunha vergoña en amosarnos como somos, a canción parecíanos ideal para iso. O motivo de "Non teño dono" reforzaba esa idea de rebeldía das mulleres, que non somos de ninguén máis que de nós mesmas e non nos gusta ter ningún dono na nosa vida. Por iso quixemos facer partícipes a todas aquelas mulleres de San Sadurniño que se viran identificadas con esta idea e , a verdade, é que foron moitas as que se achegaron para gravar e que quixeron participar, dende mozas novas ata mulleres non tan novas e así xurdiu "Non teño dono". A principal dificultade da gravación foi reunirnos, temos os tempos moi ocupados as tres, e custounos ir atopando ocos, ademais de coordinar os nosos horarios coas mulleres que aparecían no vídeo".
“Non teño dono" é un videoclip optimista e luminoso, filmado en distintos lugares do territorio que engloba na súa mensaxe o empoderamento, a liberdade, o respecto e a igualdade. Na súa realización déixase entrever a influencia visual das redes e da linguaxe audiovisual contemporánea: "O principal obxectivo que poderá atopar o espectador visualmente é que quixemos empoderar a todas as mulleres que aquí saen, facer que foran o centro da narración e representar a todos os colectivos, asociacións e mulleres de diferentes parroquias. Pensamos que transmite entusiasmo e ganas de vivir a nosa vida en liberdade". A través dunha montaxe áxil e dinámica podemos ver a moitas das mulleres que participan activamente na dinamización do tecido sociocultural, o Concello ou actividades da biblioteca municipal, o colectivo de ximnasia rítmica e danza Brío, así como as asociacións culturais das sete parroquias, nomeadamente participantes do programa de ximnasia rehabilitadora e memoria activa. Dende a Chanfainalab consideramos máis que pertinente esta achega á conmemoración do 8 de marzo do 2019. Así pois, déixense levar polo movemento, o dinamismo e a forza reivindicativa desta fermosísima -e divertida- viaxe a través das grandes mulleres que viven no Concello de San Sadurniño.
Equipo
Dirección
Música
Carlos Berlanga e Nacho Canut
Galería
