Ir ao contido principal

Mulleres en primeiro plano

Mulleres que toman a palabra e ocupan a pantalla.

Películas
10
Duración
83 min
Anos
2016–2024

Mulleres que, diante e detrás da cámara, fan da súa propia historia unha forma de liberdade.

"Historia do Cisne, o atún e a troita"
"Historia do Cisne, o atún e a troita"

Este ciclo reúne dez películas nas que as mulleres ocupan o centro da mirada, xa sexa como protagonistas das historias ou como creadoras. Desde a memoria colectiva e os vínculos familiares, ata a reivindicación da liberdade, a identidade e a autonomía, as pezas debuxan un mosaico de experiencias e voces femininas.

Unha escolma que dá visibilidade ás mulleres, cuestiona os roles impostos e celebra a súa capacidade para contar o mundo desde a súa propia perspectiva. Unha forma de empoderamento que nace da memoria, da creación e da forza de compartir.

 A duración do programa é 83 minutos. Podes descubrir máis pezas na Filmoteca do Chanfaina Lab na etiqueta Muller.

Películas do ciclo

10 películas