Ir ao contido principal
Músicas

Músicas

A música que dá voz á memoria dun territorio.

A música como fío invisible que une historias, esperanzas e lembranzas: once pezas nas que San Sadurniño soa, canta e se recoñece a través da súa memoria colectiva.

Ciclo músicas
Ciclo músicas

Entre as propostas para poñer en valor a Filmoteca do Chanfaina Lab, presentamos un ciclo que escolma once pezas co fío condutor da música en diferentes historias e formas narrativas. O ciclo, que podes visualizar ao final desta presentación, componse das seguintes curtas:

“Alicia no país do esquecemento” (Irene Pin, 2025), onde se narra a investigación e procura dunha cineasta ate localizar a Alicia de Casal (Naraío,1936), recolleitora de decenas de cancións tradicionais que vai anotando en papel con agarimo e paciencia.

“Toxos e flores” (Lucía Vilela, 2015), vídeo creación musical onde a natureza convértese en arquitectura viva coa canción popular “Mociños de Igrexafeita” (1971).

“Cóntame a túa historia” (Carlos Amil, 2025) aborda a música popular como revitalizadora da memoria devorada polo Alzheimer.

“Noa” (Toño Chouza, 2022), vídeo clip sobre dunha canción de Guadi Galego, galardoado co premio ao Mellor Vídeo Musical nos XXI Mestre Mateo (2023); selección Oficial no Festival di Cinema di Cefalù (Sicilia, 2023). Selección oficial Festival de Cans (2023) e ONED art/experimental Film Festival (Beijing, China, 2023).

“Apuntamentos para un filme sobre Cantareliña”, (María Yáñez, 2019) rexistra a memoria colectiva a través de testemuñas directas ou material de arquivo sobre o Festival de canción infantil Cantareliña evento celebrado en San Sadurniño entre 1983 e 1990.

“Aquilino das Seixas”, (Antón Rodríguez, 2019), falso documental sobre un gaiteiro que tocou en solitario en numerosas celebracións por toda a redonda.

“Madeira de Piñeiro e Nova Zelanda non quedaba tan lonxe” (Brais Breijo, 2014), unha peza irónica que localiza en San Sadurniño superproducións de Hollywood ou populares series de TV a través da música.

“A danza macabra” (Andrea Pena, 2022), vídeo danza a partires da famosa composición de Camille Saint-Saëns.

“The Sansa stomp” (Iago Lourido, 2018),  vídeo clip afouto que amosa San Sadurniño dun xeito orixinal  a través do estilo musical Stomp (pisar moi forte).

“Un ninguén máis” (Angela Arnosa, 2019) retrata o sentimento de monotonía e de falla de perspectivas dun mozo dentro da sociedade actual coa canción "Cuando me muera" de FLG.

E rematamos con “Non teño dono” (The Sungirls, 2018), vídeo clip no que participan máis de cincuenta mulleres de San Sadurniño.

O obxectivo do ciclo é ofrecer unha sesión diversa, variada e divertida pero cunha identidade propia na que a música funcione como punto de encontro entre as historias, as persoas e a memoria compartida.  A duración do ciclo é de 65 minutos. Podes ver máis pezas na categoría “Músicas”

Películas do ciclo

11 películas