O Chanfaina Itinerante fará unha nova parada en Naraío o venres 21 de agosto para compartir o cinema feito na parroquia. A proxección, de aproximadamente 60 minutos, comezará ás 20:30 horas e rematará cun petisco para as persoas asistentes.
Naraío recibe o Chanfaina Itinerante cunha sesión de cinema arredor das súas xentes e historias
O Chanfaina Itinerante fará unha nova parada en Naraío o venres 21 de agosto cunha nova sesión para compartir o cinema. A partir das 20:30 horas, no local social da Veiga proxectaranse oito curtas relacionadas coa parroquia, cunha duración aproximada de 60 minutos.
Na sesión proxectaranse varias curtametraxes realizadas en distintas edicións do Chanfaina Lab, todas elas gravadas en Naraío ou relacionadas coa súa veciñanza. Será unha oportunidade para volver descubrir, a través da mirada das cámaras, historias, lugares e persoas vinculadas á Naraío, recuperando historia e maneiras de contar que forman parte do patrimonio audiovisual construído no devalar do tempo polo encontro de cineastas. Ao remate da proxección haberá unha merenda comunitaria para as persoas asistentes por cortesía da Asociación Veciñal “O Castelo de Narahío”, creando un espazo para partillar impresións e conversar arredor do cinema propio nun ambiente próximo e distendido.
A asociación veciñal “O Castelo de Narahío” anima a toda a veciñanza a participar nesta tarde de encontro e memoria compartida.
O Chanfaina Itinerante é un ciclo de proxeccións organizado xunto ás asociacións veciñais das parroquias de San Sadurniño. Ao longo do verán, a iniciativa percorreu diferentes lugares do municipio levando de volta as historias filmadas no territorio e transformando os locais sociais en espazos de reunión arredor do audiovisual e da memoria colectiva.
Películas do ciclo
8 películas

VI Chanfaina Lab
Un ninguén máis
Ángela Arnosa2019 · 6min 46sA rutina como materia narrativa
VIII Chanfaina Lab
Vellamorta
Juan Galiñanes2023 · 3min 35sUnha reflexión gamberra sobre o paso do tempo e o estar aquí
VI Chanfaina Lab
Aquilino das Seixas
Antón Rodríguez 2019 · 16min 48sAntón reinventa a memoria dun gaiteiro para facer da tradición un documental cheo de vida
IX Chanfaina Lab
Solposto
Iago Lourido2024 · 6min 33sUn artefacto visual tan preciso como fascinante
X Chanfaina Lab
Alicia no país do esquecemento
Irene Pin 2025 · 5min 45sUn retrato íntimo da memoria: Alicia escribe para que a música non se perda.
II Chanfaina Lab
A bizcochada
Carlos A. Quirós2015 · 11min 30sVicenta transforma un pequeno roubo nun relato enorme de memoria, carácter e dignidade.
IX Chanfaina Lab
Mírame
Kevin Lorenzo 2024 · 6min 30sComedia romántica local con frescura e bo ritmo
VI Chanfaina Lab
O roubo da droja II. Camiño da vinganza
NaraíoMedia2019 · 9min 23sCinema de culto feito en Naraío