Sinopse
A peza retrata o sentimento de monotonía e de falla de perspectivas dun mozo dentro da sociedade actual. A repetición das actividades cotiás intercálanse ca súa teima pola fotografía
Cociña da peza
Có bagaxe da experiencia da edición pasada, Ángela colaborou xenerosamente en pezas doutro compañeiros de Chanfaina como "La casa soñada" de Eloy Arnosa ou "Trae" de Fran Bermúdez. Mais desta volta tiña claro que quería elaborar unha curta máis complexa, en todos os aspectos, que a súa opera prima da edición anterior: "A miña intención inicial era facer unha peza que tivese certa relación coa imaxe do cartel do Chanfaina Lab, no que se ve unha foto dunhas rapazas doutra época. Así pois, comecei coa idea de que un fotógrafo sacase a foto a unhas rapazas do mesmo xeito que no cartel e construír unha historia a partir disto. Digamos que o concepto non funcionou, mais decidín que o protagonista do filme sería un fotógrafo. A partir diso, comezaron a xurdir na miña mente diferentes ideas que se complementaban e que pasarían a evolucionar nalgunhas das escenas máis complexas a nivel técnico. É o caso dos constantes cambios de escenario que suceden ás costas do protagonista, tras fotografar a un artista nun concerto, e que, xunto coa música, transmiten esa monotonía na vida do rapaz. Foi todo un luxo poder contar cunha banda sonora adaptada exclusivamente para a curta. O tema "Cuando me muera", de FLG, transmitía perfectamente a sensación do protagonista de ser unha persoa calquera que pasa por este mundo sen deixar pegada, sen encaixar co presente que está vivindo. FLG deume vía libre para facer a versión en galego da canción, que interpretaría o mesmo Kevin Lorenzo, e ofreceunos gravar no estudo Flow Music coa inestimable axuda de SMOKE IT. Fun confeccionando as diferentes escenas que vertebran a curta a partir de planos que, dun xeito ou doutro, quería empregar. Coloquei a cada unha, unha especie de título que a identifica e que xoga con dobres sentidos. Mais todos eles contan coas palabras “Acontecemento irrelevante”, xa que non son máis ca fragmentos da vida cotiá e que se repiten ao longo dos días que con tanto aburrimento e fastío se suceden na vida do protagonista. Non podo esquecerme de dar as grazas a Nacho Delgado, pois tiven a inmensa sorte de que me deixase o material necesario para desenvolver este proxecto. Grazas"
"Un ninguén máis" xira sobre a sensación invencible de monotonía e falla de perspectivas dun mozo na sociedade contemporánea; mais a nova cineasta evoluciona notablemente en canto a narración e elaboración visual, cunha peza moi meditada, luminosa, complexa na súa estrutura e tamén nas mensaxes que transmite: "Eu son de natureza positiva e optimista, mais hai días que te levantas cruzada, nos que sentes que non vas a ningunha parte; nos que pensas si estarás facendo o correcto entre o mogollón de tarefas ás veces inútiles que desenvolves. De xeito que ninguén busque unha historia tradicional, con prantexamento, nudo e desenlace; só pretendo rexistrar con imaxes esta idea que máis o menos todos podemos sentir algunha vez." Xa apuntabamos na edición pasada que o debut da cineasta de Naraío exploraba camiños dun cinema reflexivo, dun cine con alma, cargado de connotación e sentido; "Un ninguén máis" confirma que Ángela Arnosa posúe unha mirada propia e persoal da que agardamos sorprendentes entregas en futuras edicións da Chanfainalab.
Equipo
Dirección
Reparto
Música
"Cuando me muera" de FLG versionada en galego por Kevin Lorenzo
Galería
