Ir ao contido principal
Pablo Martínez

Pablo Martínez

2004San Sadurniño

Pablo medra entre a animación e a videocreación, cunha mirada experimental e inqueda, construíndo desde moi novo un percorrido creativo en permanente progresión .

Biografía

Pablo Martínez (San Sadurniño, 2004), sempre foi un mozo inquedo e activo, pois dende os seis anos gústalle gravar coa cámara "o que pode", aínda que a teima verdadeira da súa adolescencia foi a animación, desenvolvendo unha grande afección pola creación artística. Foi o participante máis novo da Chanfainalab no 2016 cando tiña 13 anos con "O meu traxecto ao cole"; dende aquela participou en todas as edicións.
No Chanfaina 2017 realizou o moi meritorio "Namorándose de San Sadurniño", seguido de “Conectado” (2018), "Xoel e Sancho Yoda" (2019), "Non fixen curta para a Chanfaina"(2022) e "A miña cor preferida é o verde" no 2024 . Alén diso, está a rematar Belas Artes, explorando novas formas de abordar a videocreación e o cinema, e argallando en todo o que poida e mantendo interese por todos e cada un dos medios actuais de expresión artística. Segue a procurar formas e xeitos de innovarse ou expresar facetas distintas de si mesmo en varias contas de Instagram como por exemplo "Pananoias e movidas raras".

Filmografía en Chanfaina Lab

14 películas

Solposto
Ano
2024
Rol
Axudante dirección
Catarse
Ano
2023
Rol
Interpretación
Cando ruxe o formigueiro 2.0
Ano
2019
Rol
Interpretación
Un ninguén máis
Ano
2019
Rol
Interpretación
Xoel e Sancho Yoda
Ano
2019
Rol
Dirección, Interpretación
Conectado
Ano
2018
Rol
Dirección
The Sansa stomp
Ano
2018
Rol
O meu traxecto ao cole
Ano
2016
Rol
Dirección