Sinopse
O percorrido diario que realiza Pablo Martínez, estudante de 1º da ESO, para ir dende a súa casa en Outeiro ata o CPI de San Sadurniño
Cociña da peza
A pesar da súa xuventude, Pablo participou na Chanfainalab sen complexo algún e atravesou o mesmo proceso creativo que @s compañeir@s cineastas mais experimentad@s. "Tiña varias ideas para gravar, mais case todas eran moi complicadas e íanme levar moito tempo. Mesmo pensei en facer unha película de animación, pero cando me puxen a elo dinme conta que me deixaría pouco tempo libre. Ao final me decantei por esta idea, porque podía facela e non me ocuparía tanto tempo. Eu vivo en Outeiro e todos os días vou a pé ata o Cole e pensei que o camiño era unha boa escusa para ensinar o meu pobo. Non é que se ensine "todo" San Sadurniño, pero sí unha parte fundamental. Salgo da miña casa en Outeiro, paso a carón da Casa de turismo rural, logo atraveso case todos os bares de San Sadurniño, o Pazo do Concello, o mosteiro, a Casa de Cultura e ao final...chego ao Cole... Cando vin o material gravado -coa cámara do meu irmán-, dinme conta que quedaba moi longo e pensei que se ía facer aburrido, polo que acelerei o tempo do paseo para que non se fixera tan pesado".
"O meu traxecto ao cole" é unha proposta sinxela de cine directo, no que un novísimo cineasta ensina e pon en valor o seu mundo cotián. Ven ser algo así como unha videocartografía emocional da experiencia diaria dun rapaz de 1º da ESO que, a pesares da súa xuventude, xa apunta maneiras de cineasta. Como él mesmo explicou na estrea mundial da chanfainalab: "É unha idea moi sinxela pero penso que orixinal". Nas sucesivas edicións da Chanfaina seguiremos a contar coa súa mirada e o seu punto de vista sobre as diversas realidades do Concello. É un orgullo para San Sadurniño contar con rapaces tan creativos como Pablo.
O benxamín da Chanfaina Lab 16/17 móstranos o seu traxecto ao cole
Equipo
Dirección
Galería
