Ir ao contido principal

A rapaza que borboriñaba aos cabalos

Catalina Rodríguez

V Chanfaina Lab2018

Catalina non filmou un cabalo: filmou a amizade aprendendo a galopar.

Duración
Localización
Lamas

Sinopse

A relación que se crea entre unha rapaza e un cabalo que finalmente acaba nunha gran complicidade e amizade

Cociña da peza

Catalina participou por vez primeira na Chanfaina este ano a pesares de que non se atrevera nunca a facer unha película:: “Tiña en mente gravar algo cos animais e resultou que o meu veciño separou a un poldro – “Farruquiño”- da súa nai. Eu pregunteille si podía comezar a domalo e deume permiso. Así foi como din co tema da miña peza. Pretendín amosar o proceso de “doma natural” que consiste basicamente en acompañalo e ensinarlle pequenas cousas, ata que se acostume a min . Ous dous aprendemos moito un do outro, sobre todo a ter confianza mutua. Ata dentro de dous anos non poderei móntalo, mais daquela xa seremos grandes amigos”..
"A rapaza que borboriñaba aos cabalos” xoga co nome da afamada película de Robert Reford e a música do filme de animación sobre o indomable cabalo "Spirit", mais pretende ser sobre todo un anaco de verdade. Catalina gravou preto de cinco horas que ficaron reducidas a 6 minutos tras dun laborioso proceso de selección e montaxe. A cámara desta novísima cineasta local vai na procura da autenticidade e beleza presente no mundo do cabalo. "Pretendo amosar a sensación de tranquilidade que proporciona un cabalo ao que queres cando el tamén te quere" . Realizada cunha gran sinxeleza e sensibilidade, Catalina exalta a beleza e a amizade a través de instantes tenros que rexistran a complicidade dunha nena co seu pequeno cabalo. Non precisa trucos, efectos ou grandes discursos, tan só planos sinxelos filmados polo seu amigo Pablo e a súa avoa Maruxa para darnos unha lección de optimismo, humanidade e amizade verdadeira, para pensar, en definitiva, que a vida pode ser marabillosa.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Música

Tema central de "Spirit" (Hans Zimmer)

Tamén participaron

Poldro: "Farruquiño"

Galería

Cata e o seu cabalo