Sinopse
O Forgoselo, espazo de natureza envolvente e mesmo abrumadora, é visto nesta peza dende unha óptica onírica que lle aporta unha idealización coa que poderiamos desentender esta Serra dun lugar que realmente existe
Cociña da peza
A pesares da súa xuventude, Pablo xa é un veterano da Chanfainalab, polo que pode cociñar a idea durante moito tempo. Nesta edición colaborou ademais en "Catarse" de Aroa Calvo: "A peza foi o resultado dun proceso persoal no que a propia gravación deulle a forma definitiva. A idea agroma da vivencia da dicotomía contraposta da vida cotián na cidade na que estudo e da rural na que podo refuxiarme e á que acudín tras verme abrumado polo ritmo desaforado do entorno urbano. Tamén sentinme inspirado polo filme "Donnie Darko" de Richard Kelly e por un creador de contido chamado Gawx. Ao final, a gravación foi doada e solucionámola en dous días, un para tomar o vídeo, e outro para substituír os sons opacados polo vento do Forgoselo".
En "A miña cor preferida é o verde" Pablo reflexiona sobre o seu verdadeiro lugar no mundo aos seus 19 anos, tras coñecer a fondo as realidades urbanas nas que vive actualmente: "Ao final, a miña peza resultou unha introspección de carácter intimista, practicamente cumprindo a función de autorretrato audiovisual, pero cun foco activo na paisaxe e no medio que se mostra. As miñas intencións pasaban por transmitir calma, sendo esta a que lle da ao verde tanta importancia para min, ata pasar por sentimentos de nostalxia e soidade que teño confianza en que sexan percibidos polos espectadores". A peza de Pablo sigue a ser un exercicio de introspección, o "documental do eu" dun mozo en crise que procura a identidade e o seu ser no mundo entre os ermos ateigados de penedos, toxos ou queirugas, entre as charcas, brañas e turbeiras da Serra do Forgoselo.
Equipo
Dirección
Equipo técnico
- Cámara
- Aroa Calvo
Galería
