Ir ao contido principal

O cinema da veciñanza (1)

Olladas, vivencias e historias que nacen da propia comunidade

Películas
15
Duración
82 min
Anos
2014–2025

Cando a veciñanza colle a cámara, o cotián convértese en historia e o territorio nun espazo para crear

"Boniatos no país do sol poniente"
"Boniatos no país do sol poniente"

Boa parte das pezas da Filmoteca do Chanfaina Lab nacen das ideas, inquedanzas e experiencias de veciños e veciñas de San Sadurniño, que atopan na creación audiovisual unha maneira de expresarse e de mirar o seu propio mundo.

Esta primeira entrega reúne trece obras moi diversas, realizadas por persoas con diferentes idades, traxectorias e experiencias, nas que a comunidade non aparece unicamente como protagonista ou escenario, senón tamén como autora, creadora e intérprete. Desde as lembranzas familiares e as tradicións cotiás ata a reflexión persoal, o humor, a experimentación e a relación coa paisaxe, cada proposta ofrece unha ollada singular sobre a realidade máis próxima.

Son pezas que xorden da convivencia, da curiosidade e do desexo de crear, nas que lugares, persoas e vivencias se transforman en materia cinematográfica. Unha escolma que reivindica a capacidade creativa da veciñanza e o valor dunha experiencia colectiva na que as persoas poden coller a cámara e contar as súas propias historias.

A duración do programa é de 82 minutos.

Películas do ciclo

15 películas