Sinopse
A peza é un pequeno experimento que xa levábamos cociñando varios anos. Tiñamos ganas de facer algo cos pés, porque sempre son os esquecidos
Cociña da peza
The Sungirls asisten as actividades que poden para compaxinalas co seu traballo. O seu punto forte son os traballos colectivos, onde participa boa parte da veciñanza feminina do concello. Pezas nas combinan imaxe e música de autoría propia cunha nidia mensaxe de empoderamento feminino:
"A idea da peza xa a levamos pensando hai tempo, pero ao cabo sempre a descartábamos. Foi Cruz Piñón a que nos animou a darlle protagonismo aos pés; tamén algunhas películas de Tarantino que dan protagonismo aos pés, foron fontes de inspiración. De feito, a primeira secuencia pretende "imitar" unha escena dun filme do director americano. A música fixémola con Suno, a letra foi de creación nosa e despois Olga ofreceuse a cantala, polo que a voz da canción é a súa".
"Onde me leven" segue o ronsel dos traballos anteriores das nosas "Rapazas do sol" , case co feitío dun poema visual ou un videoclip. Nesta ocasión os protagonistas son os pés cos que camiñamos polas corredoiras da vida e conducen, a veces, a destinos non previstos: "Pareceunos interesante gravar como é o paso do tempo a través dos pés e como imos tomando consciencia de nós mesmos a través dos pasos que damos no camiño da vida, por iso queríamos que apareceran nenos e anciáns. Por outra banda simbolizan o soporte da nosa vida, os pés nos sosteñen e nos guían". Na curta invócanse conceptos amados pola Chanfainalab como a liberdade e o poder que ten cada un para decidir o seu camiño, usando como metáfora imaxes de pés que andan, pés que descansan e pés que, en definitiva, cargan coas experiencias da vida. Como en edicións anteriores, coidamos que esta peza é un magnífico colofón do noso encontro de cineastas, que nos deixa camiñando cara a X edición da Chanfainalab. Alá vémonos axiña, en setembro do 2025.¡
Equipo
Dirección
Galería
