Biografía
The Sungirls, Mónica Cibreiro, Graciela Galdo e Olga Vigo son tres amigas que teñen en común a paixón pola música e o cinema. Olga e Graciela son curmás e naturais de Ferrol. Ambas licenciadas en música e piano, traballan como profesoras de música e audiovisual no mesmo instituto, o IES Trasancos de Narón. Mónica Cibreiro é veciña de Santa Mariña do Monte, traballa no Concello de San Sadurniño e tamén desenvolve o seu lado artístico en actividades vencelladas á creación en diferentes soportes.
No verán de 2017 as tres amigas decidiron crear un grupo de creación audiovisual co obxectivo explícito de "pasar o rato e divertirnos". O grupo denomínase "The Sungirls" e o seu lema, «Somos chicas buenas, a veces». O seu primeiro vídeo "El taquillazo" tivo un éxito inesperado nas redes sociais e animounas a seguir nunha aventura creativa, na que pensan continuar "ata que deixe de ser divertida".
No Chanfaina lab 2017 sorprendéronos coa vitalista curta "360º en cores" e na do 2018 co videoclip coral “Non teño dono", no 2019 "Que pasou?" e “Feminino” no 2022 e "Onde me leven" (2024).
