Sinopse
Peza que reflicte a través dos rostros das mulleres de San Sadurniño, historias de loita, de dor, incomprensión, incerteza, valentía, coraxe..., e pasados, pero tamén presentes.Poema base: "A xustiza pola man" de Rosalía de Castro "
Cociña da peza
Xa coñecemos a bravura e creatividade destas tres mulleres nas pasadas edicións da Chanfainalab. Delas agardamos pezas que mesturan música e imaxe ao servizo dunha mensaxe feminista e progresista: "Nesta ocasión a idea de “Feminino”, xurde para poñer en valor as mulleres galegas e a súa valentía, neste caso, representadas polas marabillosas mulleres de San Sadurniño, que sempre se prestan voluntarias aos nosos experimentos. Queríamos empoderalas poñendo cara a tantas e tantas sen ela ao longo de anos de invisibilidade e inxustizas, da man dun poema da nosa extraordinaria Rosalía De Castro, recitada por unha de nós, Graciela, cunha base instrumental que mantén a tensión que se desprende dunha dura realidade que parecía que quedara atrás, pero desgraciadamente, é de total actualidade".
"Feminino", é un videopoema, un collage visual, case un videoclip coral onde agroman os rostros de preto de cen mulleres de San Sadurniño, sobre a base dun dos poemas máis enérxicos e reivindicativos da nosa poeta nacional. "A nosa intención era esa, emocionar a través das historias que poden avistarse dende cada rostro, cada sorriso, cada mirada...A nosa inspiración, Elas...". Pois coidamos que "Feminino" é un magnífico colofón da VII Chanfainalab. Os rostros empoderados das nosas mulleres e o poema da gran Rosalía reivindicando a igualdade real e a xustiza.
Equipo
Dirección
Música
Big Beat V-zen
Galería
