Ir ao contido principal

A vida por dentro

Historias de emocións, perdas e afectos

Películas
12
Duración
88 min
Anos
2015–2025

Relatos que exploran a fraxilidade humana e que nos achegan ao que sentimos, ao que calamos e ao que nos une

Matías
"Matías" de Sandra Sánchez

O drama é un xénero cinematográfico que aborda conflitos emocionais, humanos e sociais, poñendo o foco no desenvolvemento dos personaxes e nas súas relacións interpersoais. O drama achéganos ás emocións, aos conflitos e ás contradicións que atravesan a vida humana.

A través dunha ducia de historias íntimas e situacións cotiás, as pezas deste ciclo exploran a soidade, a memoria, a perda, os medos, a culpa e os vínculos afectivos que nos unen. Son relatos nos que os personaxes se enfrontan a circunstancias que os obrigan a mirar cara a dentro, tomar decisións ou reconciliarse co seu pasado.

O percorrido tamén se abre a territorios fronteirizos, nos que o drama se mestura coa comedia, a ironía, o suspense ou o melodrama, lembrándonos que a vida poucas veces responde a un único ton emocional.

A duración do programa é de 88 minutos. Podes descubrir máis pezas na Filmoteca do Chanfaina Lab na etiqueta Drama.


Películas do ciclo

12 películas