Ir ao contido principal

Racamonde

NaraíoMedia

X Chanfaina Lab2025

Dúas formas de vivir a dor, un mesmo intento de seguir xuntos.

Duración
Localización
NaraíoBardaos

Sinopse

Nunha granxa illada da Galicia rural, unha parella intenta manter a vida cotiá mentres loita contra unha dor que cada un expresa de xeito diferente. Entre rutinas, silencios e olladas contidas, o amor convértese nun acto de empatía: permanecer ao carón do outro mesmo cando a realidade se experimenta de xeitos opostos.

Cociña da peza

A idea principal trataba dos conflitos familiares no rural e da forte presión que a familia protagonista tiña por seguir adiante co negocio dunha granxa familiar con graves problemas económicos. Cando fomos ver a localización da granxa antes da rodaxe, o guionista decidiu darlle un xiro á curta, transformándoa nunha historia máis profunda e dramática. Ao ver a situación do pozo no medio do prado, esa imaxe foi a que lle inspirou o cambio de guión. Quizais o máis difícil de gravar foi o son, debido ás condicións climáticas. Ademais, nas escenas de exterior, ao haber nubes e claros, custounos bastante manter a mesma luz, aínda que finalmente, para nós, o resultado da fotografía foi satisfactorio.

Equipo

Dirección

Equipo técnico

Fotografía, Son, Montaxe
Brais Varela

Reparto

Música

Fuxan os ventos

Tamén participaron

Hugo Murias

Galería

Fotograma Racamonde