
Brianda García
1992Neda
Pianista de vocación, actriz por curiosidade e creadora por compromiso, Brianda leva a música e as historias do rural ao corazón do Chanfaina Lab.
- Roles nas películas
- MontaxeInterpretaciónProdución
Biografía
Pianista profesional e actualmente docente no corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas no Conservatorio Superior de Música da Coruña. En 2016, Brianda é seleccionada como unha dos novos talentos máis destacados da provincia, gañando a Bolsa de perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación da Coruña. Este recoñecemento lévaa a realizar os seus estudos de mestrado no Conservatorio de Utrecht (Holanda), onde reside durante tres anos que non só enriquecen a súa formación musical e persoal, senón que lle permiten empaparse de cheo da cultura europea.
Brianda concibe a arte en calquera das súas manifestacións como a forma de expresión máis xenuína, así como unha potente ferramenta para o compromiso social. Aínda que os escenarios foron sempre a súa casa e a música a súa linguaxe artística, non foi ata 2019 cando se atreveu a poñerse diante da cámara co seu colectivo NaraíoMedia. Neste proxecto non só desenvolve a súa faceta como actriz, senón que tamén se involucra activamente nas labores de produción e montaxe. Unha experiencia compartida entre amigos que xa suman cinco curtametraxes e apostan polo rural galego como espazo creativo dende o que seguir contando historias.
Dende o ano 2025 forma parte do equipo de cociña do Chanfaina Lab.
Filmografía en Chanfaina Lab
10 películas
- Edición
- X2025
- Rol
- MontaxeInterpretación
- Edición
- X2025
- Rol
- Interpretación
- Edición
- VIII2023
- Rol
- Interpretación
- Edición
- VII2022
- Rol
- Interpretación
- Edición
- VII2022
- Rol
- MontaxeInterpretación