VIII Chanfaina Lab
2023
Unha celebración da diversidade filmada en galego.
Encontro: 1–3 de setembro de 2023 · Gala: 24 de febreiro de 2024
Sobre esta edición
Durante a fin de semana do 1 ao 3 de setembro do 2023 reviviremos de novo a marabillosa experiencia audiovisual da ChanfainaLab: un encontro de cineastas que pon en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. @s participantes teñen que gravar na fin de semana unha película coa duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural e as súas xentes, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
A iniciativa acadou o premio o XI premio José Sellier (2022) outorgado pola Academia Galega do Audiovisual por “fomentar a liberdade creativa e favorecer a convivencia, unindo a cineastas de calquera idade, xénero, procedencia ou traxectoria para compartir experiencias arredor da obra cinematográfica. Unha proposta que reivindica a súa alma rural e o seu espírito comunitario, sendo quen de implicar a veciñas e veciños e de inspirar as vocacións de novas xeracións de cineastas.”
Outro dos sinais de identidade da Chanfainalab é o de ser un "revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as cineastas segundo idade, xénero, formación ou experiencia para que o encontro sexa un tempo fecundo, unha celebración da tolerancia, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara, máis do 60 % son autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño: os mozos estudantes Iago Lourido, Bieito Beceiro, Aroa Calvo, Catalina Rodríguez, Pablo Martínez, Soraya Yáñez, Ángela Arnosa, Kevin Lorenzo e os colectivos “NaraíoMedia” e “SueÑa". Completa a listaxe "local" un grupo de veciños e veciñas, tamén cineastas, que todos os anos achegan a súa xenerosidade e talento a esta experiencia singular como Fran da Lobeira, Xosé Manuel Rabón/Victor Rico, Abel Vega,“The sun Girls” e as labregas de “Teño unha horta”.
Tamén participan novas promesas do audiovisual galego recentemente tituladas en Belas Artes ou Audiovisual como Mirian Opazo, Candela Conde, Xoán Rodríguez Caridad e Cristina Souto. Asemade, como nas edicións anteriores, participan un grupo de profesionais con experiencia dabondo en ámbitos diversos do audiovisual como Felix Brisel, Francisco J. Cela, Nela Fraga, Juan Galiñanes, Manolo Gómez, Diana Gonçalvez, Tono Mejuto, Adriana Páramo, Miguel A. Romero, Ignacio Vilar e o colectivo “Memoria e cinema”
Todos eles e elas representan diferentes modos e xeitos de concibir a creación audiovisual dende ámbitos e prácticas artísticas diferentes engadindo matices e unha gran variedade á edición anual da Chanfaina. As persoas interesadas poden descargar o catálogo onde pode consultarse información biográfica de cada cineasta.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
VENRES 1 SETEMBRO
11:00h. a 12:00h. RECEPCIÓN DE CINEASTAS na Casa da Cultura.
12:30h. ACTO OFICIAL DE BENVIDA na Casa do Concello.
13:00h. AMADRIÑAMENTO ÁRBORE CONMEMORATIVA VIII CHANFAINA LAB. Finca A Cortiña.
16:00h. XEORUTA E FOTO OFICIAL. Visita guiada por Fran Canosa á Serra do Forgoselo. (só para participantes)
20:00h. PROXECCIÓN “EIRA DE CINEASTAS”. Casa da Cultura. (Entrada libre). Selección de filmes presentados por cineastas participantes. Casa da Cultura. (Entrada libre).
SÁBADO 2 SETEMBRO
10:00h. Encontro e gravacións de cineastas.
12:00h. ESPECTÁCULO “CINEMA DE HISTORIAS DA MAN DE ALICE GUY”. Casa da Cultura. Proposta da narradora Raquel Queizás para público infantil.(Entrada libre).
20:00h. PROXECCIÓN CLÁSICOS DO CHANFAINA LAB “A natureza salvaxe de San Sadurniño”. Casa da Cultura. (Entrada libre): "O salvaxe leva o seu tempo" (2017) de Óliver Laxe, "Here" (2016) de Natalia Porca, "Alí sentíame eterna" (2019) de Aldara Pagán, "A pena dos Tres pés" (2015) de Abel Vega, "O silencio dos eólicos" (2018) de Aser Álvarez, "Os aventados. Ventos do Forgoselo" (2015) de Álvaro Gago, "Trae!" (2019) de Fran Bermúdez, "Forgoselo. Granito". (2015) de Alberte Pagán, "360º en cores" (2017) de The Sungirls.
DOMINGO 3 SETEMBRO
10:00h. Encontro e gravacións de cineastas.
10:00h a 12:00h. EXPOSICIÓN “José Gil, pioneiro do cine galego”. Presentacións e visitas guiadas. Adro do Convento do Rosario. San Sadurniño
13:00h. CONCERTO HOMENAXE A JOSÉ GIL. Xove banda de Narón. Adro do Convento do Rosario. San Sadurniño. (se chove, no claustro) . Podes descargar aquí o programa do concerto que narra a vida do pioneiro do cinema galego a través da música.
O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño e a Aula Cemit. O encontro está patrocinado pola Deputación de A Coruña e o Concello de San Sadurniño.
Historia do cartel
Do mesmo xeito que nas edicions anteriores da Chanfainalab desde a 1º edición o cartel inspírase en motivos relacionados co patrimonio artístico ou natural de San Sadurniño. O cartel deste ano -deseñado polo artista gráfico Juanlu Nacha bebe da paisaxe brava e natural do Forgoselo o enclave, máis elevado de San Sadurniño e un dos lugares de referencia do Cabo Ortegal declarado oficialmente pola UNESCO hai uns días, o 24 de maio do 2023, como “Xeoparque mundial da UNESCO”.
Galería
Cineastas convidados/as
30 cineastas

A Rigueira Club
A Coruña
Abel Vega
San Sadurniño
Ángela Arnosa
San Sadurniño
Aroa Calvo
As Pontes
Bieito Beceiro
San Sadurniño
Candela Conde
O PorriñoCatalina Rodríguez
San Sadurniño
Cristina Souto
As Pontes
Cruz Piñón
San Sadurniño
Diana Gonçalves
Tui -Valença do Minho
Félix Brixel
Rianxo
Fran da Lobeira
Ferrol
Francisco X. Cela
Triacastela
Iago Lourido
Ferrol
Ignacio Vilar
Petín de Valdeorras
Juan Galiñanes
Cambados
Kevin Lorenzo
Xixón
Manolo Gómez
A Coruña
Memoria e Cinema
Santiago de Compostela
Miguel A. Romero
Madrid
Mirian Opazo
Xinzo de Limia
NaraíoMedia
San Sadurniño
Nela Fraga
OurenseNoa Cortizas
Ferrol
Pablo Martínez
San Sadurniño
Soraya Yáñez
Ferrol
Suevia Fernández
Ferrol
Teño Unha Horta
San Sadurniño
Tono Mejuto
A Coruña
Xoán Rodríguez Caridad
Cedeira
Películas desta edición
29 películas